Feijóo di que o voto ao BNG nestas eleccións "no es para hacer más ciudad, sino para hacer menos España"

Pontevedra
23 de maio 2019

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente provincial, Alfonso Rueda, arrouparon ao candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, nun mitin celebrado este xoves no Teatro Principal

Mitin do Partido Popular
Mitin do Partido Popular / Mónica Patxot

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente provincial, Alfonso Rueda, arrouparon ao candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, nun mitin celebrado este xoves no Teatro Principal.

Alberto Núñez Feijóo pediu o voto para o proxecto de cidade de Rafa Domínguez "ante un BNG que dirá que cada uno de sus votantes es nacionalista", porque, segundo sostivo, "cada pontevedrés que vote al BNG será incluído en una causa que nada tiene que ver con Pontevedra". 

O líder do PP galego destacou que nesta campaña o BNG pide o voto para Esquerra Republicana de Catalunya e Batasuna-Bildu, "con los que comparte papeleta y un mismo programa que habla de independencia". Así, recalcou que o voto ao BNG nestas eleccións "no es para hacer más ciudad, sino para hacer menos España".

Feijóo avogou por "un voto inconformista" para poñer fin a anos nos que o Concello "só estivo pendente de recibir piropos, en lugar de escoitar as necesidades dos veciños, nos que o emprego foi algo secundario, nos que non se atendeu a todos os barrios nin tampouco ao rural, e nos que só houbo monólogo, en lugar de haber diálogo cos pontevedreses". Por iso, o presidente do PPdeG incidiu en que "votar PSOE, Mareas de Podemos ou Ciudadanos é votar directa ou indirectamente BNG: É votar continuidade e conformismo". 

Asegurou que Rafa Domínguez ten todas as condicións para rachar con este conformismo e darlle un novo impulso á cidade. "Non esperemos ao futuro para votar futuro, votemos futuro xa: votemos Rafa Domínguez", salientou. 

Para Feijóo, o actual alcalde "fai uso da hostilidade para tapar así a súa inacción, esgotamento, falta de ideas e a absoluta falta de balance dos últimos anos" e citou coma exemplos as posturas do Concello de Pontevedra en asuntos coma a continuidade da fábrica de Ence na ría ou o nomeamento de Mariano Rajoy coma "persoa non grata". 

"Unha hostilidade, subliñou, contra os propios veciños, contra España e contra o emprego dos pontevedreses". Neste punto, referiuse aos traballadores de ENCE, dos que dixo que o único que fan "é gañarse a vida honradamente, polo que todas estas familias merecen un respecto e unha alternativa".

RAFA DOMÍNGUEZ

O candidato, pola súa banda, pediu a confianza da cidadanía para "cambiar el rumbo de Pontevedra" e reiterou os compromisos que conforman o eixo do seu programa electoral: a xeración de emprego, o transporte urbano e metropolitano, a extensión do modelo urbano aos barrios e coidar o rural pontevedrés, abrir Pontevedra á ría, ou potenciar o Camiño Portugués.

"Ha llegado la hora del cambio. Ha llegado la hora de una Pontevedra Capital", proclamou o alcaldable do PP.

"Abrazo el modelo urbano del centro, pero hay muchísimas cosas que mejorar" e para iso "hay que tener energía, equipo e ilusión", sinalou Rafa Domínguez, antes de engadir que "Lores después de 32 años en el Concello, 20 como alcalde, ya no tiene energía, salvo para viajar por el mundo".

Domínguez concluíu o mitin asegurando que "quiero a Pontevedra y siempre la pondré por encima de todo".