Ata Ourense viaxou este martes o portavoz de Sumar no Congreso dos Deputados, Íñigo Errejón. Fíxoo para arroupar a Marta Lois como candidata de Sumar Galicia á presidencia da Xunta e reivindicar o "cambio histórico" que haberá o 18 de febreiro.
"Hai dous escanos que se están xogando co PP. Vai haber cambio histórico no país, subliñou Lois, que destacou a importancia da mobilización do electorado para facer posible un goberno a tres na Xunta de Galicia.
A candidata sostivo que Sumar Galicia "está xogando un rol moi decisivo para un cambio político no país", polo que pediu a todos os galegos e galegas "apertar un pouco máis", porque "se van votar como se votou o 23 de xullo, hai cambio".
Pola súa banda, Errejón asegurou que as informacións que revelan as negociacións do PP cos independentistas cataláns son a "consumación de la enésima mentira" dos populares.
"El PP ha dicho que no se podía hablar con las formaciones independentistas catalanas y estaba negociando un acuerdo de investidura", subliñou o portavoz de Sumar, que asegurou que Feijóo "estaba dispuesto a concederle el indulto a Puigdemont".
Íñigo Errejón, que se implicou na campaña galega en primeira persoa, incidiu en que Rueda "se ha pasado toda la campaña electoral hablando de Cataluña para no hablar de Galicia" y resulta que estaban valorando "exactamente lo mismo de lo que estaban movilizando en contra y criticando".