A primeira xornada do ITU Multisport Festival comezou con boas noticias para o equipo español de dúatlon. Ante a mirada de centos de persoas, tanto ao longo do percorrido como na liña de meta situada nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Emilio Martín, ata a data bicampión do mundo da especialidade, logrou finalizar en segunda posición.
Así, o andaluz fíxose coa primeira medalla elite da competición internacional, proclamándose subcampión do mundo 2019 cun tempo de 01:46:10.
Ás 11:30 horas, daba comezo a proba masculina, na que tamén participaron Antonio Benito, vixente campión de España na devandita modalidade, e Javier Martín, Carlos Oliver e Sergio Correa, de categoría sub-23. A lista de nomes españois completárona Luismi Martín Bernalas, Cristóbal García Guillén, Antonio Benito López.
Os atletas tiveron que percorrer un total de 55 quilómetros (10 de carreira a pé, 40 en bicicleta e outro 5 a pé), ao longo de diferentes zonas da cidade, sendo os arredores da ponte das Tirantes os elixidos pola maioría dos asistentes.
Finalmente, Martín, en quinta posición a un escaso quilómetro da liña de meta, fixo un último esforzo por meterse entre os tres primeiros. E así o fixo, subindo ao segundo chanzo do podio por detrás do francés Benjamín Choquert (01:45:56) e seguido polo belga Angelo Vandecasteele (01:46:11).
Durante a entrega de medallas, realizada pola presidenta da Unión Internacional de Tríatlon, Marisol Casado, e Miguel Anxo Fernández Lores, as 15 atletas elite e sub-23 femininas preparábanse para a súa saída escasos minutos despois.
Neste caso, o equipo español, formado por Marta Pintanel, Irene Loizate, vixente campioa de España e bronce europeo, Sonia Bejarano e Tania Álvarez, non conseguiu ningunha medalla. A francesa Sandra Levenez fíxose co título de campioa do mundo, finalizando primeira cun tempo de 01:58:17. En segunda posición, a austríaca Sandrina Illes, a ata hoxe número uno do mundo, fíxose co posto de subcampioa. O podio completouno a tamén francesa Garance Blaut.
Pola súa banda, na décima posición, cruzou a liña de meta a vasca Loizate (02:05:48). Quedándose ás portas de subir al podio. Sen embargo, a española Pintanel si o fixo alzándose co título de subcampeoa do Mundo en categoría Sub-23, cun tempo de 02:04:06.