Dez anos despois, o lume volveu sementar o pánico

Pontevedra
31 de decembro 2016

Todo empezou o luns 8 de agosto en Cotobade e o Monte Xiabre e, a partir de aí, durante unha semana ininterrompida lumes que no seu maior parte foron provocados devastaron terreos forestais. A segunda semana de agosto foi a máis dramática, pero ao longo do resto do mes e a principios de setembro houbo máis incidencias

Tarefas de extinción do incendio de Tenorio no límite con Pontevedra
Tarefas de extinción do incendio de Tenorio no límite con Pontevedra / Diego Torrado

A historia repetiuse dez anos despois. Pasada unha década da tráxica vaga de incendios de 2006, no verán de 2016, o lume volveu tinguir de medo e negro os montes da comarca e de todo Galicia, con decenas de focos simultáneos que deixaron miles de hectáreas reducidas a cinza.

Todo empezou o luns 8 de agosto en Cotobade e o Monte Xiabre e, a partir de aí, durante unha semana ininterrompida lumes que no seu maior parte foron provocados devastaron terreos forestais. A segunda semana de agosto foi a máis dramática, pero ao longo do resto do mes e a principios de setembro houbo máis incidencias.

O incendio declarado entre Vilanova e Almofrei, en Cotobade, no que se declarou o nivel de alerta 2 por proximidade a núcleos habitados, foi o que alcanzou maiores dimensións na comarca e alcanzou tamén zonas do termo municipal de Pontevedra. Durante dous días mantivo en albas a miles de veciños, que rememoraron a catástrofe de dez anos atrás. 

Especialmente dura foi a semana tamén para os veciños da parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. No seu caso, os lumes estiveron próximos ás casas durante máis dunha semana e finalmente derivaron na detención dunha veciña da zona como presunta autora de 16 lumes

As parroquias pontevedresas de Lérez e Tomeza, BarroPoiomáis zonas de Cotobade ou A Reigosa, en Ponte Caldelas, foron algúns dos puntos máis afectados. Neste último, ademais, foron localizados dous artefactos incendiarios dotados de paracaídas.