María Dolores de Cospedal abandona Pontevedra tras dous días participando na campaña das eleccións galegas. Fíxoo tras protagonizar diferentes actos en Poio, Bueu e Soutomaior, todos eles relacionados co sector do mar: unha conserveira, unha praza de abastos e unha reunión coas confrarías da provincia.
Neles, a secretaria xeral do PP reiterou que os populares se marcan o "objectivo claro" de lograr que tras o 25-S Galicia teña un goberno coa "mayoría suficiente" para poder gobernar, xa que reiterou que "no podemos permitirnos" situacións políticas en Galicia que "den lugar al bloqueo que sufrimos en el resto de España"..
Cospedal sinalou que o debate electoral celebrado onte á noite en Galicia demostrou que o PP presenta a única proposta que "habla en positivo" de Galicia, xa que "los demás son el no por el no". Afirman que a esquerda "no sabe lo que va a hacer" e que o único que lles une é que "quieren echar a Feijóo y echar al PP".
"Galicia necesita un gobierno que trabaje por Galicia, que pueda aprovechar la época de crecimiento económico que tenemos gracias a las políticas del PP y al esfuerzo de todos los gallegos", engadiu a secretaria xeral dos populares.
O PP aposta, dixo, por construír unha Galicia "más fuerte y más próspera" onde se incremente a creación de emprego e que atraia máis investimentos e iso só o pode facer un goberno "solvente" e que xere "confianza" como o que encabeza Núñez Feijóo.
A secretaria xeral do PP, que protagonizou unha visita ao mercado de abastos de Bueu, reiterou que os cidadáns lle piden "constantemente" que en Galicia non se reproduza o "bloqueo" da política nacional -do que responsabilizou a Pedro Sánchez-, porque os galegos necesitan un goberno que lles de "tranquilidad"
Cospedal advertiu que "no es certo" que PSOE e Podemos poidan formar goberno, porque nunha hipotética sesión de investidura aos seus deputados "aún le faltarían muchos votos" e necesitarían o apoio dos partidos que "quieren dividir nuestro país", os independentistas cataláns e vascos.
"Solos no podrían y eso se lo tienen que contar a los españoles", dixo a dirixente do PP, que pediu ao líder dos socialistas que "recapacite" e que tras as eleccións en Galicia e o País Vasco "vea que no puede someter a los españoles a ir a votar por tercera vez".
Antes da súa visita a Bueu, María Dolores de Cospedal acudiu á fábrica de conservas que Pescamar ten na Seca (Poio), acompañada do seu xerente, Lupe Murillo, número 5 da lista que o PP presenta en Pontevedra para as eleccións galegas.