Cinco sesións de cinema ao aire libre na Pedreira co ciclo 'Cinema e Estrelas'

Pontevedra
08 de xullo 2024

Cinco noites de verán con cinco películas que se poderán ver ao aire libre. Esa volverá a ser a irresistible oferta do ciclo Cinema e estrelas, que un ano máis formará parte da programación das Festas de Verán de Pontevedra. Será entre os días 9 e 13 de xullo

Escena da película "20.000 especies de abellas"
Escena da película "20.000 especies de abellas" / BTEAM Pictures

Cinco noites de verán con cinco películas que se poderán ver ao aire libre. Esa volverá a ser a irresistible oferta do ciclo Cinema e estrelas, que un ano máis formará parte da programación das Festas de Verán de Pontevedra. Será entre os días 9 e 13 de xullo.

A Praza da Pedreira será de novo unha sala de cinema ao aire libre para proxectar, con entrada gratuíta para o público, os cinco filmes seleccionados polo Cineclube Pontevedra.

As películas escollidas para esta ocasión son:

Martes 9: 20.000 especies de abellas, de Estíbaliz Urresola (España, 2023)

Cocó, de oito anos, non encaixa nas expectativas do resto e non entende por que. Todos ao seu ao redor insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na mirada dos demais.

A súa nai Ane, (Patricia López Arnaiz), sumida nunha crise profesional e sentimental, aproveitará as vacacións para viaxar cos seus tres fillos á casa materna, onde reside a súa nai Lita (Itziar Lazkano) e a súa tía Lourdes (Ane Gabarain), estreitamente ligada á cría de abellas e a produción de mel.

Este verán que cambiará as súas vidas obrigará a estas mulleres de tres xeracións moi distintas a enfrontarse ás súas dúbidas e temores. E sobre todo, a Ane a por fin ser honesta consiga mesma.

 

Mércores 10: Yannick, de Quentin Dupieux (Francia, 2023)

En plena representación da obra "Le Cocu", un bulevar moi malo, Yannick  (Raphaël Quenard) levántase desconcertado e interrompe a representación para volver tomar as rendas da súa vida e saber que está a pasar.

 

Xoves 11: Falcon Lake, de Charlotte de Bonn (Canadá, 2022)

Bastien (Joseph Engel), un adolescente parisiense, pasa as vacacións coa súa familia nunha cabana xunto a un lago de Quebec. Alí atoparase con Chloé (Sara Montpetit), unha moza maior, de quen se namorará.

A pesar da diferenza de idade e dos medos de Bastien, desenvolverán un vínculo especial. Bastien terá que enfrontarse aos seus medos para conseguir un lugar no corazón de Chloé, mentres exploran a súa sexualidade e a inquietante lenda da pantasma do lago.

 

Venres 12: Robot Dreams, de Pablo Berger (España, 2023)

DOG é un can solitario que vive en Manhattan. Un día decide construírse un robot, un amigo. A súa amizade crece, ata facerse inseparables, ao ritmo do Nova York dos oitenta. Unha noite de verán, Dog con gran pena, vese obrigado a abandonar a ROBOT na praia. Volverán atoparse?

 

Sábado 13: Fargo, de Joel e Ethan Coen (Estados Unidos, 1996)

Jerry Lundegaard (William H. Macy), home apocado e tímido, casado coa filla dun millonario, decide contratar dous delincuentes para que secuestren á súa esposa e co diñeiro do rescate solucionar os seus problemas financeiros.

Pero o secuestro vai moi mal e é o comezo dunha serie de asasinatos que terá que resolver Margue (Frances McDormand), o embarazada pero persistente xefa de policía.

 

Esta proposta fílmica recolle así cinema internacional e estatal e mesmo aposta por películas para toda a familia e para as crianzas como é o caso da obra de Pablo Berger.

Todas as proxeccións serán a partir das once da noite e, no caso das tres películas estranxeiras, exhibiranse en versión orixinal subtitulada ao castelán.