Goyo Revenga pechou este venres a campaña electoral de Cidadáns asegurando que o seu programa ofrece a posibilidade de converter Pontevedra "nun municipio moderno, sustentable, líder en mobilidade e vital".
"Queremos unha Pontevedra de futuro que sexa unha cidade de oportunidades, da que os veciños non teñan que marcharse por falta de oportunidades laborais ou pola falta de apoio ao seu talento", defendeu o candidato da formación laranxa.
Para iso, o número uno da lista lembrou algunhas das propostas de Cidadáns, como o seu apoio ao emprego que xera Ence, aínda que se a xustiza reafirma a súa permanencia na ría pedirá que "devolva a Pontevedra parte dos seus beneficios a través dun plan de investimento perdurable".
Na área social una das apostas é a creación dunha gardería municipal con 400 prazas, do mesmo xeito que na cultura pasa pola recuperación da Bienal de Arte, así como un programa actividades de maio a outubro na rúa "e pola utilización da praza de touros como sede de actividades escénicas e musicais".
Outras das súas ideas son a habilitación de catro aparcamentos disuasorios conectados co centro da cidade mediante transporte colectivo, ou a implantación da Policñia Local de Barrio con atención as 24 horas.
Doutra banda, Cidadáns aposta por unha administración eficiente "cunha oficina itinerante para xestións en parroquias e barrios”, coa redución do imposto de circulación e a conxelación do IBI, así como a redución deste último tributo para familias numerosas ou en situación de vulnerabilidade.