Carlos Carrizosa (Ciudadanos): "Somos una marca limpia, tenemos credibilidad y ofrecemos propuestas sensatas y razonables"

Pontevedra
20 de maio 2015

A campaña de Ciudadanos en Galicia contou este mércores co reforzo de Carlos Carrizosa, deputado deste partido no Parlamento de Cataluña e membro do seu comité executivo. Na súa xira galega tamén pisou Pontevedra, onde explicou a PontevedraViva que a súa formación aspira a converterse nas próximas eleccións na terceira forza a nivel de toda España

Paseo de Carlos Carrizosa por Pontevedra coa candidata de Ciudadanos, María Rey
Paseo de Carlos Carrizosa por Pontevedra coa candidata de Ciudadanos, María Rey / Daniel Santomé

A campaña de Ciudadanos en Galicia contou este mércores co reforzo de Carlos Carrizosa, deputado deste partido no Parlamento de Cataluña e membro do seu comité executivo. Na súa xira galega tamén pisou Pontevedra, onde explicou a PontevedraViva que a súa formación aspira a converterse nas próximas eleccións na terceira forza a nivel de toda España, algo que "es mucho decir para un partido que acaba de dar el salto a la política nacional".

No caso de Galicia e, entre outros, Pontevedra, Carrizosa sinalou que Ciudadanos conta cun equipo de xente "muy ilusionada y muy natural". Nese sentido, destacou que a política "é diferente cando a fai xente que acaba de chegar e que senten sinceramente que van cambiar as cousas porque as ven doutra forma aos partidos da vella política".

Con respecto ás boas perspectivas do seu partido, o dirixente de Ciudadanos indicou que "yo creo que lo que valora la gente es que es una marca limpia, que tenemos credibilidad y ocupamos un espacio centrado con propuestas sensatas y razonables". Entende que todas esas cuestións "gusta a la mayor parte de la gente y ese es la razón de nuestro tirón electoral".

Carlos Carrizosa celebrou que as enquisas electorais dean entrada a Ciudadanos nas corporacións municipais de todas as localidades nas que se presentan. Por iso, non dubida en sinalar que os partidos tradicionais "nos ven como el peligro amarillo, como gente que les puede destronar de las poltronas que venían disfrutando en exclusiva desde hace mucho tiempo". Todo porque "la gente ahora piensa que llega el momento de cambiar".

Asegura que PP e PSOE "pensaban que eran inamovibles porque el sistema del bipartidismo era irrompible y nosotros estamos introduciendo seriamente otra posibilidad".

PASEO COS CANDIDATOS DE PONTEVEDRA, VIGO E A LAMA

Na súa visita a Pontevedra, Carlos Carrizosa acompañou aos candidatos de Cidadáns en Vigo, A Lama e a capital da provincia, Josefa Casado, Andrés Cal e María Rey respectivamente. Todos eles deron un paseo pola cidade e repartiron información electoral da súa formación.

Esta última sinalou que é "fundamental" a unión de todos eles como partido. Explicou que o importante é que "nuestra gente esté en la calle y que transmitan nuestro mensaje", algo que ratificaron os seus compañeiros. "En A Lama están muy receptivos y con ganas de cambio", afirmou Andrés Cal; mentres que Casado agradeceu que sexan os propios votantes os que se acheguen a eles para felicitalos polo seu traballo. "Es una ilusión tremenda", asegurou.