Candidatos na Internet: María Rey

Pontevedra
15 de maio 2015

Como non hai dous sen tres, un día máis volvemos analizar a presenza na rede dos candidatos ao Concello de Pontevedra. Nesta ocasión, tócalle a un partido recén chegado á política pontevedresa. Estamos a falar de Ciudadanosb>, que se presenta na capital con María Reyb> como primeira da lista.

María Rey, candidata á Alcaldía de Pontevedra por parte de Ciudadanos
María Rey, candidata á Alcaldía de Pontevedra por parte de Ciudadanos / Mónica Patxot

Como non hai dous sen tres, un día máis volvemos analizar a presenza na rede dos candidatos ao Concello de Pontevedra. Nesta ocasión, tócalle a un partido recén chegado á política pontevedresa. Estamos a falar de Ciudadanos, que se presenta na capital con María Rey como primeira da lista.

A estratexia na rede de Ciudadanos difire bastante á do resto de partidos: é bastante centralista, baseándose en Albert Rivera e a política nacional como os grandes bastións para convencer aos seus votantes nestes comicios. Isto se reflicte, para ben e para mal, na súa presenza na rede: Ciudadanos Pontevedra non ten páxina web propia, estando a súa información únicamente nas redes sociais.

Esta estratexia ten máis puntos negativos que positivos. No lado positivo, está claro que esta ausencia aforra esforzos e activos, algo que pode ser clave para un partido que acaba, polo menos na política nacional, de comezar. Na parte negativa atopámonos que ao non ter unha páxina web diminúe a súa presenza ante os posibles votantes, os cales non poden atopar dunha maneira sinxela a información da candidatura. E non falamos únicamente do programa, o cal teñen ben posicionado nas redes sociais, senón que tampouco se pode coñecer, sen afondar un pouco, cal é o equipo que acompaña a María Rey, que proxectos teñen para a cidade ou cando son os actos que teñen programados para estes días.

REDES SOCIAIS

Como apuntamos, Ciudadanos Pontevedra basea a súa estratexia online nas redes sociais. A candidatura ten dúas contasen Twitter (@CsPontevedra para o partido e candidatura e @mariarey_cs para a número un da lista), unha páxina e un perfil en Facebook da candidata. Xa comentamos nunha análise anterior que ter un perfil privado en Facebook é un erro. Nembargantes, pese a ter que esperar a que a candidata te acepte como amigo (se o fai), o perfil privado ten contido compartido de maneira pública, polo que podémonos informar do que fai a candidata case igual que se tivera unha páxina adicada a ela.

No caso da páxina que ten Ciudadanos Pontevedra en Facebook, é necesario apuntar que non teñen a súa información completa na sección "Acerca de". Se quixeramos chamalos, visitalos ou poñernos en contacto con eles, estariamos perdidos debido á falla de datos de contacto. Pese a isto, o pouco contido que publican na rede social é axeitado e consegue bastante interacción cos usuarios, xa que informan de actividades da campaña como a pegada de carteis ou entrevistas acompañadas, case sempre, de recursos visuais como imaxes e vídeo, conseguindo de esta maneira unha maior atención do usuario.

En Twitter, Ciudadanos Pontevedra ten dúas contas: unha para a candidata e outra para o partido. A ambas contas lle ocorre o que comentamos ao comezo da análise: están demasiado influenciadas polo partido a nivel nacional. Así podemos ver como a conta de @CsPontevedra ten como imaxe de cabeceira ao propio Albert Rivera (o correcto sería ter a María Rey), fai abundantes retweets de entrevistas ao presidente nacional e se olvida, en parte, de que nuns días haberá unhas eleccións municipais. Neste caso, o correcto sería minimizar o contido de ámbito nacional e promocionar máis o local xa que ao fin e ao cabo, é o que lle interesa aos votantes nestes días.

A conta de Twitter da número un (@Mariarey_cs) é similar á do partido: fai numerosos retweets de ámbito nacional e de contidos de usuarios afins. Malia que a candidata responde a algúns usuarios e publica esporádicamente algún contido menos politizado, coa estratexia centralizada pérdese a clave de toda rede social: ter un contacto directo co usuario e recibir a maior cantidade de comentarios posibles.

Poñendo punto e final a esta análise, a conclusión á que chegamos é que a presenza na rede de Ciudadanos Pontevedra e María Rey é, a todas luces, insuficiente e incorrecta. Centrarte no teu público e ter unha páxina web onde por toda a información é algo básico, sobre todo se a candidatura é a un concello onde hai unha porcentaxe elevada da poboación que ten acceso ás redes.