O votante ausente desapareceu. Fai anos xa que o cidadán medio decidu que quere saber o máximo das persoas que lle poden dirixir nalgún día e as que, se así o deciden, van votar no momento adecuado. Por esta razón, Internet é clave en toda campaña política ao proporcionar as ferramentas necesarias para transmitir a mensaxe de maneira directa ao votante.
Durante os próximos días imos realizar dende estas liñas unha análise da preseza web de todos os candidatos ao Concello de Pontevedra. A análise realizouse dende unha perspectiva obxectiva, analizando criterios como a accesibilidade da páxina web da campaña, a claridade coa que se expoñen as ideas na rede, a presenza en redes sociaes e, incluso o materiar gráfico dispoñible.
A primeira candidatura en aparecer no noso análisis de presencia na rede nas Eleccións Municipais, é a liderada por María Biempica coa súa recente marca Todos por Pontevedra.
Como toda candidatura que se precie, Todos por Pontevedra ten unha páxina web oficial, onde podemos observar como escolleron a cor amarela para ser a que identifique a marca. En cuestións de accesiblidade, a páxina web saca unha boa puntuación, xa que visuali´zase correctamente tanto en navegadores antiguos e modernos, como en dispositivos móbeis e tables ao ter unha versión específica para eles. Ainda así, hai un unto negativo, xa que non é accesible para persoas con discapacidade, aparecendo 10 errores nos test da World Web Consortium (W3C, o consorcio internacional que produce recomendaciós para a Web). Debido a isto, unha persoa cunha discapacidade visual, por poñer un exemplo, podería ter problemas para acceder a todo o contido da páxina . A páxina web de Todos por Pontevedra posee un diseño actual, acorde aos estilos actuais de deseño web e utilizando tecnoloxías que conseguen que a información se mostre dunha maneira clara e agradábel.
No tema do contido do sitio web, encontrámonos con claros e escuros. Nun lado, atopamos con que o programa da candidatura é accesíble e está perfectamente explicado, tendo incluso unha pequena guía a modo de resumo para os que queren ir ao grano. Sen embargo, a información da candidatura está incompleta, faltando máis do 60% dos membros que pertencen á lista. A isto se lle engade a falta de noticias sobre a actividade da candidatura (só aparecen 3 notas de prensa distanciadas no tempo) e a ausencia dunha axenda oficial completa e actualizada xa que, a que aparece na páxina principal non está actualizada no momento de escribir estas líneas.
REDES SOCIAIS
As redes sociais son, na actualidade unha parte clave en calquera campaña política. Todos por Pontevedra posúe unha gran presenza en elas, tendo dos usuarios en Twitter (@todosxptv para a candidatura e @mariabiempica para a súa número un), dúas páxinas de Facebook (unha para o partido e outra para a candidata) e unha conta de Instagram para os actos do partido. Como na maioría das candidaturas, as contas foron creadas específicamente para esas eleccións, aparecendo na rede fai poco máis dun mes. Este feito non é demasiado relevante xa que é unha práctica habitual en tódolos partidos, pero será interesante ver que ocurrirá con estas contas unha vez formado o Concello, xa que é de sobra coñecida a práctica de abandoar as redes sociais unha vez conseguido o obxectivo, algo que provoeca moi mala imaxe entre os usuarios.
Aínda que o número de contas nas redes sociais é adecuado, a maneira de publicar o contido non o é. Malia que todo o que se publica en Facebook e Twitter é correcto, o contido publicado está replicado, é dicir, que o que aparece na conta do partido en Twitter, volve publicarse, lixeramente modificado, en Facebook e viceversa. Esta práctica é totalmente desaconsellabe xa que consegue que os usuarios presentes nas dúas redes se saturen e rematen tendo unha visión negativa das publicacións. Na mesta tónica está a utilización do usuario @mariabiempica, o cal básase únicamente en realizar retweets de medios de comunicación e usuarios afines, afastándose do obxectivo dunha red como Twitter: estar cerca da cidadanía e contestarlle todas as dúbidas e preguntas.
Se observamos a súa conta de Instagram, está case sen usar. Na actualidade, Todos por Pontevedra publicou únicamente 18 fotografías dende o 26 de abril, o día da súa creación. Aínda así, o contido é correcto, ilustrando con fotografías os diferentes actos que tiveron nos últimos días acompañadas con textos bastante descriptivos.
Resumindo, a presenza na red de María Biempica y Todos por Pontevedra supera o aprobado. Marcaron un camiño bastante correcto coa súa páxina web, pero necesitan mellorar en áreas como as redes sociais para conseguir destacar dentro do complicado panorama político pontevedrés.