A candidatura do PSdeG-PSOE é a segunda en aparecer nos análisis da presencia na rede dos diferentes partidos políticos que se presentan ás Eleccións Municipais de este ano 2015. Agustín Fernández, máis coñecido como Tino, é a cabeza visible da agrupación socialista que se presenta co obxectivo de levarse a alcaldía.
A estratexia na rede do Partido Social de Pontevedra é algo caótica. Na cuestión de páxinas web, o partido ten unha páxina web oficial que representa á agrupación e ten contidos da candidatura e, ademais, ten unha propia do candidato. Isto non tería que ser, en principio, un problema, pero remata séndoo pola falta de coordinación de contidos entre os dous sitios.
Continuando a orde que tivemos ata o de agora, as dúas páxinas web da candidatura socialista sacan boa puntuación en accesibilidade, pasando o test da W3C (World Web Consortium, o consorcio internacional que produce recomendaciós para o Web) sin grandes erros. Gracias a isto, os dous sitios se ven correctamente en navegadores modernos e da mesma maneira en tables e dispositos móbeis. Nembargantes, a páxina de Tino Fernández non pasa as probas de accesibilidade para persoas con discapacidade, dando máis de 17 erros que fan que calquera persoa cunha discapacidade visual non poida acceder de maneira adecuada aos contidos. Falando do deseño, a web do partido é correcta, xa que mostra toda a información que se necesita. Todo o contrario ocorre coa páxina do candidato, a cal posúe numerosos erros tanto de maquetación como de estructura, aparecendo incluso elementos en inglés que poden despistar ao usuario menos iniciado.
O contido das dúas páxinas é tamén desigual. Se na páxina da agrupación atopamos o contido dunha maneira rápida e sinxela, no web do candidato comprobamos que os contidos brillan pola súa ausencia. Tino Fernández ten, na súa páxina web, un "manifiesto electoral" e nada máis, olvidándose de contidos tan importantes como o programa electoral, os proxectos ou o equipo que conforma a súa candidatura. Como única nota positiva, o sitio ten unha gran cobertura informativa da campaña, permitindo seguir o día a día do candidato con textos abundantes cheos de información.
Na campaña política, as redes sociais son a base da estratexia de calquer corporación política. A candidatura de Tino Fernández ten presencia en Twitter a través da conta do partido e a súa propia como candidato, ademáis dun perfil en Facebook e unha canle de YouTube.
Se analizamos cada rede por separado, atopámonos con estratexias dispares. En Twitter se segue unha razoadamente boa. Por un lado, a conta do partido dedícase a publicar información xeral da campaña e o candidato, acompañándoa de imáxes relacionadas que chaman atencion ao seguidor. Polo outro, a conta do candidato, @tinoafg, publica tamén contido basado no día a día da campaña dándole un tono máis persoal. Como punto negativo, é necesario destacar a falla de interaccións de ambos usuarios, os cales non responden aos comentarios e únicamente nombran a medios de comunicación.
No caso de Facebook, a estratexia é totalmente contraria ao benq ue se fai en Twitter. Tino Fernández posúe únicamente un perfil privado en Facebook, tendo que ser aceptado como amigo para poder ver algún tipo de contido que se publique nesta red social. O correcto neste caso sería, como fan outros candidatos, ter unha páxina dedicada ao candidato dentro de Facebook, para que desta maneira os usuarios podan seguir ao candidato e as súas publicacións dunha maneira directa.
Malia que a estratexia en Twitter de Tino e do PSOE é unha das máis adecuadas, os borróns da súa páxina web e Facebook fan que a súa presenza na rede sexa insuficiente. Necesita reforzar moitos palos da súa baralla para que a súa presenza en Internet sexa a requerida para un candidato ao Concello de Pontevedra.