Candidatos en Internet: Carlos Maestro

Pontevedra
21 de maio 2015

Con este sexto artigo, enfilamos a recta final do especial "Candidatos na rede" que levamos a cabo cos candidatos a dirixir o Concello de Pontevedra. O penúltimo protagonista é Unión Progreso y Democracia, chamado abreviadamente UPyD, co seu número un da lista Carlos Maestro

Facebook de Carlos Maestro
Facebook de Carlos Maestro

Con este sexto artigo, enfilamos a recta final do especial "Candidatos na rede" que levamos a cabo cos candidatos a dirixir o Concello de Pontevedra. O penúltimo protagonista é Unión Progreso y Democracia, chamado abreviadamente UPyD, co seu número un da lista Carlos Maestro.

En anteriores análises, fixámonos tanto na páxina web do candidato como na do partido, así como os usuarios que utilizan nas diferentes redes sociais. Con UPyD non puidemos facer iso, xa que o partido non dispón de ningunha páxina web de corte local, limitándose unicamente a un sitio web de carácter autonómico o que, para Pontevedra, só ten un mísero enlace a un programa político. Un programa que parece un documento estándar a todas as candidaturas, xa que no ten practicamente relación ningunha coa cidade de Pontevedra.

Esta estratexia pódese clasificar como pésima (por non poñer un adxetivo peor), xa que si un posible votante quere buscar información sobre a candidatura, só se atopará cun documento interminable que ignora a maioría de problemas da súa cidade para centrarse en asuntos de política nacional que pouco ou nada interesan nunhas eleccións como as municipais.

No tema das redes sociais, as novas non son mellores. UPyD posee un usuario de Twitter e unha páxina en Facebook como candidaturas e un perfil privado de Carlos Maestro. Os dous últimos podémolos obviar (a páxina e o perfil de Carlos Maestro), xa que ningún dos dous está actualizado, encontrándonos coa páxina do partido en branco e o perfil do candidato pechado con unicamente dúas publicacións. Descoñecemos se están aí por estar ou son a causa dunha programación errada por parte do partido político.

En canto ao usuario de Twitter @UPyD_Pontevedra as novas tampouco son nada boas. E é que malia ter certa actividade, o usuario se limita republicar o contido publicado polas contas autonómicas e nacionais do partido, sen achegar ningún tipo de contido de corte local á parte das diversas entrevistas que recibiu o candidato nos medios de comunicación. Esta estratexia tan centralizada é, evidentemente, incorrecta xa que se un usuario segue á conta do partido local, é lóxico que tamén siga o nacional, polo que con estes retweets só conseguen saturar o usuario e que este perda interese pola candidatura.

Como é de supoñer, a presenza na rede de UPyD Pontevedra só a podemos cualificar como insuficiente e errónea. Non podemos poñer máis cualificativos negativos porque, sendo sinceros, a súa presenza na rede é tan ínfima que non os merecen.