Cafetería-Bar Souto, o local de moda na Pasarela

Pontevedra
01 de setembro 2023

Pontevedra conta dende hai sete meses cunha nova oferta de hostalería. Na rúa José Adrio Barreiro, 4, coñecida como a Pasarela, Cafetería-Bar Souto consolidouse como unha das referencias de lecer na zona leste da cidade

Cafetería-Bar Souto, na rúa José Adrio Barreiro, 4, Pontevedra
Cafetería-Bar Souto, na rúa José Adrio Barreiro, 4, Pontevedra / Mónica Patxot

Pontevedra conta dende hai sete meses cunha nova oferta de hostalería. Na rúa José Adrio Barreiro, 4, coñecida como a Pasarela, Cafetería-Bar Souto consolidouse como unha das referencias de lecer na zona leste da cidade. 

Verónica Souto, cunha traxectoria en hostalería de máis de 13 anos, está á fronte do establecemento. "Levaba anos detrás deste local e o día que o anterior dono xubilábase chamoume, vin velo, deille moitísimas voltas e ao final pensei que tiña que aproveitar a oportunidade", explica a propietaria da Cafetería-Bar Souto.

Unha vez realizado o traspaso, procederon a realizar unha pequena reforma que se notou especialmente na decoración, cun cambio na cor do local e o mobiliario. "Tamén temos cociña, que antes estaba pechada, e damos menús, tapas, petiscos, comidas de reservas, ceas, aniversarios…", matiza Verónica Souto. 

A cafetería anterior tiña unha clientela consolidada, polo que o reto era atraer novos públicos e idades. "Ter diante o parque con nenos é un punto máis ao noso favor", apunta Verónica. Precisamente o público familiar é o que lle deu un primeiro empuxón a este local, coa contratación de aniversarios de nenos. 

Verónica aclara que se adaptan a todos os orzamentos e acórdase o menú co cliente, con bonos concertados. As propostas que máis aceptación teñen son as que inclúen tortillas, empanadas, croquetas ou fingers. Ademais da bebida e a torta. "Poden saír ao parque exterior e tamén teñen a terraza interior do local, que é como un privado que queda para eles, dependendo da hora, loxicamente". 

Ás 7 da mañá arrinca a xornada en Cafetería-Bar Souto, de martes a venres. Sábados e domingos abre ás 10:00 horas. O peche é ás 23:30, salvo os sábados que se atrasa ata a unha da madrugada. O luns péchase por descanso do persoal. 

Para os almorzos ofrecen opción de doce ou salgado, con torradas e bolería variada. "E tortilla temos sempre desde pola mañá, moitos clientes piden tortilla, tanto co café do almorzo como máis tarde cun refresco". Precisamente a de tortilla é a tapa da carta que máis se demanda, xunto coa de zorza. Entre os nenos, son os fingers os que máis éxito teñen.

Para acompañar o aperitivo, todas as fins de semana, ao mediodía, pódese gozar de música en vivo na terraza exterior. "Agora estou a fomentar tamén concertos pola tarde-noite, de oito e media a dez e media, non máis tarde para non molestar aos veciños", sinala Verónica Souto.

A acollida está a ser moi boa, "a xente está encantada e as redes sociais están que arden, sempre nos preguntan quen vén este sábado, quen este domingo". O boca a boca está a axudar a que Cafetería-Bar Souto se consolide como o local de moda na zona da Pasarela porque "quen vén unha vez, repite".