Ana Pontón ve o BNG como a "esperanza" de cambio frente á Galicia "gris e triste" do PP

Pontevedra
23 de setembro 2016

Cun "convivio" na Praza de Ourense pechou campaña no BNG en Pontevedra. Un centenar de militantes e simpatizantes arrouparon á súa candidata á Xunta no último día no que se pode pedir o voto para as eleccións de 25-S

Acto de peche da campaña do 25-S do BNG con Ana Pontón en Pontevedra
Acto de peche da campaña do 25-S do BNG con Ana Pontón en Pontevedra / Mónica Patxot

Cun "convivio" na Praza de Ourense pechou campaña no BNG en Pontevedra. Un centenar de militantes e simpatizantes arrouparon á súa candidata á Xunta no último día no que se pode pedir o voto para as eleccións de 25-S.

"Quedan poucas horas pero son moitos minutos", destacou Ana Pontón, que pediu aos seus que aproveiten este tramo final para convencer aos indecisos con chamadas, mensaxes ou publicacións en redes sociais e lograr que "moitas persoas desesperanzadas" poidan sumarse ao proxecto de "ilusión e futuro" que representa o BNG.

Na súa intervención, Pontón destacou hoxe que o seu partido representa a "esperanza" de cambio fronte á Galicia "gris e triste" do Partido Popular. E así o nota, dixo, na corrente de "simpatía e ilusión" que aprecia cara ao BNG tras unha campaña "espléndida".

Por iso, a candidata nacionalista pediu os cidadáns que "non se resignen" e que confíen no BNG para contar cun goberno "ao servizo dos galegos" e cunha Galicia "con igualdade, sen desemprego, sen corrupción e sen un goberno entregado aos intereses das grandes empresas".

Neste sentido, aínda que recoñeceu que o BNG cometeu "erros" nos últimos anos, trátase dun partido "con experiencia" e que sempre estivo "do lado de Galicia e dos galegos", algo no que "nunca nos equivocamos".

Pola súa banda, o candidato do BNG por Pontevedra, Luís Bará, afirmou que con esta campaña electoral abriuse un "novo ciclo" para o nacionalismo galego cunha organización "forte, activa e cohesionada" que conta co proxecto político "claro e cun rumbo certo" e co "gran" liderado de Ana Pontón.

Arquivado en