O Partido Popular volveu a encher a Praza de Touros de San Roque con "máis de 12.000 persoas procedentes de todos os recunchos de Galicia", segundo anunciou María Martínez, número tres da candidatura do PP na provincia.
Ela foi a encargada de iniciar o mitin presentando aos tres presidentes do partido, o de honra Mariano Rajoy, o nacional, Alberto Núñez Feijóo e o galego e candidato nas próximas eleccións do 18 de febreiro Alfonso Rueda ao que describiu como "un pontevedrés de pura cepa e galego dos bós e xenerosos".
O candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, pediu "con humildade" o voto á cidadanía galega para revalidar a maioría absoluta, "sabendo que non estamos en posición de ningunha verdade absoluta, pero temos moitas ganas de seguir facendo as cousas ben".
Rueda dixo estar seguro de que "se gañamos o 18 de febreiro haberá moita xente contenta e haberá outra que non o estea tanto" polo que, a estes últimos quíxolles mandar unha mensaxe: "Dígolles que gobernaremos tamén para eles desde o primeiro día porque nos debemos a todos", afirmou.
O candidato popular á Xunta criticou no seu discurso ao presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, por visitar hoxe de novo Galicia e non traer "nin un só compromiso" polo que censurou a PSdeG por ser "o máis servil" de todos os partidos socialistas de España, xa que "diga o que diga Pedro Sánchez válelles".
Alfonso Rueda tamén reprochou a actitude do BNG porque "cren que só eles teñen a verdade absoluta" e sobre Sumar e Podemos asegurou que "só queren cargos".
Fronte a eles, o candidato do PPdeG comprometeuse a que se volve presidir a Xunta non vai meter a esta Comunidade "en camiños sen saída" e vai "evitar os follóns" reivindicando o "modelo propio de Galicia", baseado na "normalidade" e o "sentidiño" con xente "riquiña", porque "non somos xente de muros".
Aínda que admite que algúns no seu partido pídenlle que "dea cana", Rueda reafirmou a súa aposta por facer unha "campaña de ilusión" porque "a caña de verdade haina que dar o 18 de febreiro, ese día será o día da caña e de demostrar que se facemos as cousas ben a xente ten confianza".
FEIJÓO
"En esta plaza uno entra como candidato y sale presidente de Galicia", advertiu a Rueda o presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo.
O expresidente da Xunta fixo un discurso con constantes referencias á política nacional ao redor dun mesmo mensaxe: "Galicia no necesita más gobernantes como Sánchez y sus socios, no necesita a un Puigdemont con otro nombre".
O presidente do PP acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de pedir o voto para "cualquir partido" co obxectivo de que "Rueda no pueda gobernar" polo que Feijóo interpretou que "después de destrozar su partido en España, ahora no le importa destrozar a su partido en Galicia (...) le da igual cualquiera y pase lo que pase con su partido", sinalou.
"El Gobierno de España es un bochorno para Europa, el de Galicia, un ejemplo para España", defendeu Feijóo que resumiu a súa proposta nunha simple receita: ""Menos Sánchez y más Rueda" preguntando aos seus "¿qué bien puede hacer a nuestra tierra el desgobierno que estamos viviendo en España?" respondendo el mesmo "ningún".
RAJOY
Empezou dicindo que "yo no entro en política" pero o presidente de honra do PP, Mariano Rajoy, entrou de cheo nos temas máis candentes do panorama nacional. Así defendeu o voto a Alfonso Rueda para que non gobernen en Galicia "los que dan indultos a los independentistas, ni los que suprimen el delito de sedición, ni los amigos de Putin".
Mariano Rajoy evocou "los mejores recuerdos" que lle trae esta praza "talismán". Remontouse entón ao ano 2009 e usou o seu tan particular oratoria para sinalar que "estaban entonces por aquí esos que vosotros recordáis y si no recordáis es igual porque nadie se pierde nada" en alusión ao bipartito PSOE-BNG presidido entón por Emilio Pérez Touriño e que "dejaron de gobernar, siguen a la espera y lo que les queda", ironizou.
As súas intervencións máis aplaudidas foron as críticas a Pedro Sánchez e ao seu "Gobierno Frankenstein, poco respetuoso con los resultados de las urnas que nos impidió gobernar" algo que "no se puede volver a repetir, ni en España ni en Galicia" porque, augurou, a situación "no va a acabar bien, sino al tiempo".
"No vengo a hablar del Gobierno porque ustedes no se han portado tan mal para que yo traiga a la cabeza algunas cosas que no deberían tener y no quiero que por eso se me acuse de provocarle a nadie alguna pesadilla o incluso un síncope, por tanto, vamos a hablar de cosas agradables", chanceou Rajoy antes de centrarse na estabilidad, sosiego, serenidad y calma" que, ao seu xuízo, achega Alfonso Rueda á política galega. "No queremos que nos gobiernen Puigdemont y Otegui y no queremos la amnistía", sentenciou.