Agustín Fernández asegura que se Pontevedra ten alcalde socialista, "no prazo dun ano, disporá dun novo PXOM"

Pontevedra
22 de maio 2015

O candidato do Partido Socialista a Alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, convocou este venres unha comparecencia na glorieta de Concepción Arenal para denunciar as "improvisacións" na planificación do tráfico urbano, "consecuencia dunha xestión á marxe do Plan Xeral e calquera intento de planificación"

Agustín Fernández, candidato do PSdeG á Álcaldía
Agustín Fernández, candidato do PSdeG á Álcaldía / Mónica Patxot

O candidato do Partido Socialista a Alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, convocou este venres unha comparecencia na glorieta de Concepción Arenal para denunciar as "improvisacións" na planificación do tráfico urbano, "consecuencia dunha xestión á marxe do Plan Xeral e calquera intento de planificación".

Tino Fernández sinalou "unha rotonda que non é rotonda, que está cortada en dous puntos, e que está a carón dunha rúa (Alfonso XIII) sinalizada ao revés, que non pode ser utilizada polos autobuses, a pesar de que contén unha parada", explicou o candidato como exemplo das súas críticas.

O alcaldable do PSOE apostillou que estas carencias son máis visibles no rural, "onde hai núcleos saturados e onde non se pode construír".

Para os socialistas todos estes son exemplos da "urxente necesidade" dun novo Plan Xeral, xunto coa "carencia de planificación nos sistemas xerais de comunicación, solo industrial e comercial para ofrecer oportunidades ás empresas cando remate a crise económica".

Por todo elo anticipou que se Pontevedra ten alcalde socialista, "no prazo dun ano, disporá dun novo PXOM".