No ano 2000 nacía Ábaco, a aposta da segunda xeración da emblemática Muebles Filgueira, creada en 1979, para enfrontar os desafíos no sector do moble co cambio de século.
"O concepto de Ábaco Interiorismo naceu cun moble moito máis minimalista e de deseño. Agora abarcamos máis gama de produto, dende o moble económico ata un moble de prezo máis alto. Temos tamén unha zona Outlet e estamos a evolucionar ata facer o noso punto forte no descanso, é dicir, colchóns e sofás, sen perder a nosa esencia: o moble, garantindo o mellor prezo", explica Víctor Manuel Filgueira, o xerente da tenda.
Ábaco Mobiliario e Descanso creou na súa tenda da Avenida de Lugo, 7, Pontevedra, unha área dedicada a equipos de descanso, onde os clientes poden sentar e experimentar a calidade e o confort dos produtos dispoñibles.
A decisión de reorientar a exposición cara ao descanso non é casual. Nun momento onde os fogares están cada vez máis deseñados ao redor da funcionalidade e a comodidade, os consumidores buscan prioritariamente un bo sofá e un colchón de calidade antes de considerar o resto do mobiliario. Este cambio de prioridades dos clientes tradúcese na creación dun espazo dedicado exclusivamente aos equipos de descanso, onde os clientes poden probar os colchóns e sofás sen présas, nun ambiente acolledor e con atención personalizada.
A estratexia de Ábaco tamén inclúe a súa popular zona Outlet, tanto na tenda física como online, onde os clientes poden atopar unha variedade de mobles en stock de alta calidade a prezos reducidos. "Habilitamos esta sección para que todos poidan gozar de mobles de alta calidade sen comprometer o seu peto", engade Víctor, quen asegura que se poden atopar descontos relevantes nunha ampla gama de artigos.
Un dos piares da oferta de Ábaco son os fabricantes cos que colabora. A.BRITO Furniture, unha destacada fábrica de Porto, que proporciona mobles de salón de alta calidade a prezos competitivos, grazas á redución de custos no seu país de orixe. Doutra banda, Celso Tomé Fábrica de Mobles, unha marca galega que se caracteriza polos seus deseños funcionais e económicos con calidade, cuxa produción principal se realiza en Galicia e que abarca todo tipo de mobiliario, como xuvenil, dormitorios, salóns ou sofás, entre outros.
Así mesmo, o servizo de entrega gratuíto dentro da provincia de Pontevedra ofrece unha facilidade adicional para aqueles interesados en renovar os seus espazos.
Como parte do seu compromiso co coidado e mantemento do mobiliario, Ábaco estableceu unha colaboración coa empresa portuguesa Biomex, especializada na limpeza e tratamento de tapizados. Este servizo, moi solicitado polos clientes ao adquirir un sofá, ofrece protección eficaz contra manchas mediante un revestimento de alta calidade e respectuoso co medio ambiente. Ademais, axuda a retardar os efectos do sol e mellora os resultados de limpeza. Ao finalizar o servizo, entrégase un certificado de garantía de 10 anos.
Con todos estes elementos, Ábaco Interiorismo reafírmase como un referente no sector do mobiliario e descanso en Pontevedra, convidando a todos a visitar a súa tenda, tanto física como en liña (www.mobiliarioabaco.com), na que explorar as ofertas dispoñibles na zona Outlet e descubrir as novas propostas que prometen transformar a experiencia de descanso de cada fogar.
ÁBACO
Avenida de Lugo, 7, Pontevedra
Web: www.mobiliarioabaco.com
Facebook: @Abaco-Mobiliario-E-Interiorismo
Teléfono: 986 843 693