A túa seguridade ao volante empeza con Glassdrive Autolunas: Expertos en cristalería do automóbil

Pontevedra
09 de agosto 2024

Con talleres situados en Pontevedra, Vilagarcía, Marín e Sanxenxo, as súas solucións abarcan unha completa gama de servizos deseñada para satisfacer todas as esixencias: reparación e substitución de parabrisas, tinguido de vidros e pulido de faros

Gabriel Ramos, no taller de Glassdrive Autolunas situado na Avda. de Lugo, 12 (Pontevedra)
Gabriel Ramos, no taller de Glassdrive Autolunas situado na Avda. de Lugo, 12 (Pontevedra) / Mónica Patxot

Necesitas reparar ou substituír o cristal do teu coche? En Glassdrive Autolunas (Avda. de Lugo, 12, Pontevedra) ofrecen servizos especializados de substitución de vidros de todo tipo de automóbiles, dende turismos ata furgonetas, incluíndo camións e vehículos industriais e agrícolas.

Con talleres situados en Pontevedra, Vilagarcía, Marín e Sanxenxo, as súas solucións abarcan unha completa gama de servizos deseñada para satisfacer todas as esixencias. Dende a reparación e substitución de parabrisas ata o tinguido de vidros e o pulido de faros, para garantir que cada vehículo conte coa protección e visibilidade que necesita para circular con seguridade.

Glassdrive Autolunas consolidouse como o cristaleiro máis antigo da provincia. Esta empresa familiar conta con 35 anos de traxectoria e unha sólida reputación. Pertence ao recoñecido Grupo Saint-Gobain, o maior fabricante de vidro de Europa, o que lle permite traballar con materiais de maior calidade que os seus competidores, cun presuposto económico axustado ás necesidades do cliente.

O equipo de especialistas en cristalería comprométese a ofrecer un servizo personalizado, rápido e eficiente. A profesionalidade e o feito de contar cun amplo stock de cristais permiten completar a maioría das reparacións no mesmo día. Mesmo, naquelas ocasións en que o vehículo non se poida desprazar ata o taller, proporcionan un servizo a domicilio, tanto de reparación como de substitución.

En caso de sinistro, nos catro puntos de servizo comprométense a facer o proceso o máis sinxelo posible. Están concertados coa gran maioría de aseguradoras e encárganse de xestionar todo o proceso coas compañías de seguros.

Para ter unha rápida resposta e servizo adecuado, recomendan acudir directamente ao taller ou ben chamar aos teléfonos de Glassdrive Autolunas, para solucionar todas as dúbidas e poder derivalos ao taller máis próximo: 986 862 546, en horario comercial (de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 15:30 a 19:30) e, a calquera hora/día, ao teléfono de urxencias: 689 542 896.  

Neste tempo de verán, o xerente dos talleres Glassdrive da zona norte da provincia de Pontevedra, Gabriel Ramos, aconsella revisar os cristais do vehículo, xa que a calor pode agravar calquera dano existente e afectar á seguridade na condución.

Asegura que un pequeno impacto no parabrisas non só pode limitar a visibilidade, senón que un simple "chinazo" pode converterse nunha rachadura perigosa se non se trata a tempo. "Ao activar o aire acondicionado, hai un cambio brusco de temperatura e é fácil que a partir dese chinazo abra o cristal; ou vas coller o coche despois de todo o día na praia e coa calor tamén se acaba rachando", asegura Ramos.

Para evitar estas desagradables sorpresas, o profesional da cristalería lembra que en calquera época do ano é necesario revisar os cristais, igual que o facemos coas rodas, as luces ou os freos, por exemplo.

En Glassdrive Autolunas realizan diagnósticos sen compromiso, explicando de modo transparente como asegurar que o parabrisas estea en condicións óptimas para unha condución segura e confortable. Ademais, unha vez que remate o verán, ofrécese a promoción de repelente de choiva gratuíto, que mellora moito a visibilidade para o clima de Galicia, só por visitar o taller para esta revisión.