A música etnoelectrónica de Mercedes Peón sorprende ao público na Praza de España

Pontevedra
01 de maio 2019

Ás 10 da noite, subiuse ao escenario principal do Multisport esta polifacética creadora e investigadora das raíces musicais de Galicia, ás que espreme toda a súa potencia orixinal ata convertela en toda unha experiencia contemporánea

Concerto de Mercedes Peón
Concerto de Mercedes Peón / Xan Xiadas

A música etnoelectrónica de Mercedes Peón sorprendeu este martes ao público na Praza de España. Ás 10 da noite, subiuse ao escenario principal do Multisport esta polifacética creadora e investigadora das raíces musicais de Galicia, ás que espreme toda a súa potencia orixinal ata convertela en toda unha experiencia contemporánea.

Foi un espectáculo no que o espectador vibrou cos efectos electrónicos máis intensos e a exquisitez dunha artista internacional.

Durante unha longa tempada mostrou o resultado das súas investigacións folclóricas no programa máis popular da televisión pública galega, Luar, o que lle reportou unha gran popularidade. Tras pasarse 25 anos estudando a tradición musical de Galicia Mercedes Peón gravou o seu primeiro disco no 2000, Isué, a partir do cal se labrou un prestixio internacional sen esforzos promocionais.

En 2018 chegou o seu quinto e último traballo, "Deixaas" o resultado dun intenso período de investigación sobre as posibilidades da arte sólico, campo no que é referente internacional. Hoxe é unha aposta segura dá música etnocontemporánea europea.

Este festivo do primeiro de maio, festivo, actuará na Praza de España de Pontevedra Claxxon, unha formación que rende tributo ao pop e rock español e internacional dos 80 e 90 e que prepara un repertorio cheo de éxitos para todos os gustos, desde Mecano a Bonnie Tyler, pasando por Joaquín Sabina, Bruce Springsteen, Europe, Led Zeppelin, Deep Purple, The Cramberries ou Mónica Naranjo.