A heroicidade dos militares da Brilat en Malí, que recoñeceron a UE e Defensa

Pontevedra
30 de decembro 2020

Os soldados Richard Ríos e Daniel Gómez  o brigada Óscar Nestar Gutiérrez, os sarxentos Pedro Varela e Jhon Mauricio Patiño e o capitán David Mantilla foron os protagonistas deste ano 2019 na Brigada Galicia VII ao repeler o primeiro e ata o de agora único ataque terrorista sufrido durante a misión militar da Unión Europea EUTM- Mali

Falan os 'heroes' da Brilat que repeleron un ataque terrorista en Mali / Cristina Saiz

Os soldados Richard Ríos Dávalos e Daniel Gómez Varela, o brigada Óscar Nestar Gutiérrez, os sarxentos Pedro Varela Martínez e Jhon Mauricio Patiño e o capitán David Mantilla Fuentes foron os protagonistas deste ano 2019 na Brigada Galicia VII, Brilat, e, en xeral no Exército español. A relevancia deulla a súa actuación o 24 de febreiro ao repeler o primeiro e ata o de agora único ataque terrorista sufrido durante a misión militar da Unión Europea EUTM- Mali, que se desenvolve desde o ano 2013 en Mali. 

Todos eles son soldados da Brigada Galicia VII Brilat e todos eles foron condecorados en persoa pola ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, nun acto celebrado na base Xeral Trasfogueiro da Brilat. Ademais, a Unión Europea condecoró a catro deles coa máxima condecoración que concede para as misións de paz por esta mesma actuación no Centro de Adestramento de Kuolikuoro de Mali, no que había 300 militares españois.

Os soldados Ríos e Gómez, que estaban de garda a madrugada do ataque e neutralizaron o primeiro vehículo terrorista que atacou a base, recibiron a Cruz ao Mérito Militar con Distintivo Vermello, a máxima condecoración concedida polas Forzas Armadas. O brigada Nestar e o sarxento Varela foron condecorados coa Cruz ao Mérito Militar con Distintivo Azul e o capitán Matilla e o sarxento Patiño, coa Cruz ao Mérito Militar con Distintivo Branco.

A propia ministra destacou o valor e o mérito dos seis condecorados, uns "héroes", que "sin pensarlo", "poniendo en riesgo sus vidas" y "con una enorme generosidad" foron capaces de evitar que se producise "lo que hubiera sido sin ninguna duda una masacre" Tratábase dun ataque moi importante, perfectamente coordinado e planificado no que os soldados que estaban en primeira liña de vixilancia, todos eles da Brilat nun continxente composto tamén por soldados de Mali e doutros países europeos, reaccionar coa rapidez suficiente como para repelelo.

O ataque perpetrárono dous vehículos pick- up que se lanzaron contra o centro de adestramento da misión da Unión Europea con case mil quilos de explosivos entre os dous, carga suficiente para arrasar o continxente multinacional que a esas horas, as tres da madrugada, durmía. 

Días despois de que a ministra lles impuxese as condecoracións, o soldado Ríos e o brigada Varela relataron a PontevedraViva a súa heroicidade. Cunha mestura de modestia e sentido do deber, recoñeceron: "Te sorprende. Dices: ¿en serio? ¿Esto me está pasando a mí? No te lo esperas. Te parece mentira". 

Estas heroicidade non é a única noticia destacada do ano na Brilat, que viviu este 2019 un cambio de xefe. O xeneral Antonio Romero deixou a Xefatura da Brigada para pasar a dirixir o Centro de Intelixencia das Forzas Armadas e substituíuno no cargo o xeneral Luís Cortés Delgado, que no seu primeiro acto público xa destacou que, de todos os destinos que lle podían asignar, estar á fronte da Brigada pontevedresa é o mellor: "Me he llevado el premio gordo".

PontevedraViva realizoulle a primeira entrevista formal desde a súa chegada ao cargo. Pódese consultar aquí.