Segunda entrega en 'El club de la esquina' do programa dedicado ao ano 1957. Naquela segunda metade mantíñase a maxia de Elvis Presley. O cantante neoyorkino de ascendencia jamaicana Harry Belafonte lanzaba un ano antes ao mercado 'Calypso' e foi no 57 cando un dos temas incluídos o 'Banana Boat Song' subiu ata os primeiros postos do Billboard. Pola súa banda o dúo The Everly Brothers comezaban a súa etapa máis exitosa editando temas como 'Bye bye love'.