Do gris ao violeta #17: Lita Ramírez

Radio
18 de novembro 2016

Angela Ramírez, Lita. Costurera.

Do gris ao violeta #17: Lita Ramírez /
Do gris ao violeta #17: Lita Ramírez
Do gris ao violeta #17: Lita Ramírez

Ángeles Ramírez, Lita, é unha lerezana que de nena quería seguir estudando. Pero daquela, a vontade e mesmo a insistencia, non era suficiente para cambiar a mentalidade da xeración precedente. Así que como Lita non quería "ir ao campo", con once anos enviárona a un taller de costura na Praza da Verdura. Alí comezou a que sería a súa profesión ata que a artrose obrigouna a non adicarlle tantas horas. A pesar de todo, a día de hoxe, aínda continúa co corte e a confección para familiares e achegados. Lita Ramírez é un exemplo das mulleres traballadoras que recompila Do gris ao violeta. Unha profesión que foi unha forma de abandonar a dureza do campo, e de xerar un novo nicho de emprego no ámbito urbano.