A xogadora jamaicana Yanique Gordon non formará parte do plantel do Arxil na próxima tempada. O conxunto arxilista ten agora a difícil tarefa de cubrir a posto clave de pivote, no que se avanzou moito, esperando que o nome da substituta de Yanique poida ser anunciado nunha semana.
Mentres, complícase tamén a continuidade da xogadora pontevedresa Sandra Entenza, por motivos laborais, aínda que tanto a xogadora como o corpo técnico decidiron esperar ata o último momento para tomar unha decisión definitiva.
Doutra banda as conversacións con Cristina Diaz Pache avanzaron moito e estase esperando a resposta da xogadora, que se confía sexa positiva, mentres quedan pendentes as negociacións con Aldara Vázquez e Fany López.
Caso aparte é o de Ana Martín, que segue recuperándose da lesión no dedo producida no último partido da tempada pasada, pero hai confianza en que a capitá seguirá unha tempada máis no equipo verde.
Por todo iso, o plantel a falta de tres semanas para comezar a pretemporada esta conformada por: Carla, Waleska, Centeno, Lago e Román, quedando o corpo técnico con Mayte Méndez como adestradora, tendo como axudantes a Milagros Sanmartín e Marita Janeiro e como preparador físico a Ricardo.