Yago Iglesias, tras a goleada ao Langreo: "É a liña que queremos, tanto en casa como fóra"

Pontevedra
17 de setembro 2023

Para Yago Iglesias, o problema das primeiras semanas era que os seus xogadores chegaban fácil a área rival pero non eran capaces de xerar gol, por iso o partido deste domingo "é a liña que queremos, tanto en casa como fora". A vitoria "vai dar confianza para as próximas semanas"

Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra CF e Langreo en Pasarón
Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra CF e Langreo en Pasarón / David Rodiño

O Pontevedra CF espantou as pantasmas das dúas primeiras xornadas e deuse un auténtico festín goleador ante un Langreo que xogou sen ideas.

"Queremos ser un equipo dinámico, que non sexa sempre sota, cabalo, rei, que xere incerteza no rival non só nos aspectos tácticos", explicou Yago Iglesias na rolda de prensa de despois do encontro.

"Analizando o que é o rival, con dous dianteiros moi potentes, xogo moi directo, queriamos que non nos xerasen nesa fase. Despois, con balón, queriamos ter xogadores que nos desen superioridade sobre todo en última liña e chegar a área, que creo que foi o que nos penalizou nas primeiras semanas", analizou o adestrador granate.

Para el, o problema das primeiras semanas era que os seus xogadores chegaban fácil a área rival pero non eran capaces de xerar gol, por iso o partido deste domingo "é a liña que queremos, tanto en casa como fora". A vitoria "vai dar confianza para as próximas semanas".

En canto ao Langreo, para Yago Iglesias é un equipo que se caracteriza por "ser moi sólido defensivamente e hoxe metémoslles seis goles. Iso fala do potencial do Pontevedra. Para o meu Langreo é un bo equipo dentro da categoría, pero evidentemente sabe o que fixo ao longo da semana, non vin moita diferenza do que foron os seus partidos de inicio de liga".

O adestrador granate insiste na importancia que teñen todos os seus homes, "non dubidamos en ningunha das liñas. Hoxe para Rufo e para os xogadores de último terzo foi un partido importante, é cuestión de tempo que marquen. Evidentemente non van ser todos os partidos así, pero o importante é que o equipo xere, chegue a portería rival e na nosa casa dar unha mensaxe".

Ademais, a importancia deste encontro non foi só sumar tres puntos, senón darlle minutos ao xogadores do filial. "Para o meu é importante que eses xogadores estean preparados, ao final saen co partido pechado pero saen con ganas de achegar e marcar o seu gol, que é o que vai facer que o Pontevedra sexa un equipo competitivo de principio a fin", confirmou o técnico, que cre que "todo o terzo de ataque e toda a xente que lle acompaña por detrás estivo moi ben".

Aproveitou para mandar unha mensaxe á afección granate, que "aos poucos vai ir descubrindo os xogadores que ten este Pontevedra e a idea de xogo que temos".