Yago Iglesias, renovado: "Era nuestra primera opción"

Pontevedra
14 de xuño 2024

O director deportivo do Pontevedra Club de Fútbol, Charles Dias, confirmou este venres o acordo de renovación con Yago Iglesias por unha tempada. Charles ha avanzando ademais que Churre e Borja Domínguez, que acababan a súa vinculación co club, son as primeiras renovacións ao activarse unha cláusula de prolongación no seu contrato

Charles Días, secretario técnico do Pontevedra C.F.
Charles Días, secretario técnico do Pontevedra C.F. / Mónica Patxot

O Pontevedra Club de Fútbol e Yago Iglesias chegaron a un acordo para prolongar o contrato do técnico por unha tempada máis.

Así o confirmou este venres o director deportivo granate, Charles Dias, asegurando que a continuidade do ribeirense "era nuestra primera opción".

"Creemos entre todos que es la mejor opción para llevarnos dónde como mínimo el club tiene que estar, que es la Primera RFEF. Tenemos que darle la confianza a él y a los jugadores para intentar ascender", explicou Charles defendendo que "no hemos conseguido el objetivo pero en momentos de la temporada hemos estado muy bien".

Yago seguirá acompañado do que foi o seu staff esta última tempada.

"Ahora tenemos que sentarnos y ver lo que va a ser la próxima temporada", avanzou o responsable da dirección deportiva asegurando que o primeiro será tratar as renovacións dos futbolistas que acaban contrato.

CHURRE E BORJA DOMÍNGUEZ, PRIMEIROS RENOVADOS

Neste sentido, e aínda que acababan a súa vinculación co Pontevedra a final de camnpaña, dous xogadores renovaron xa cos granates ao activarse unha cláusula dos seus contratos para engadir un ano extra sen depender do ascenso, como ocorría no caso doutros futbolistas. Trátase de Víctor Vázquez 'Churre' e de Borja Domínguez, segundo revelou Charles Dias.

Con eles dous pasan a ser nove os futbolistas confirmados para a próxima campaña, ao engadirse a Edu Sousa, Manu Vizoso, Garay, Samu Mayo, Chiqui, Dalisson e Charly López.