Yago Iglesias: "O Pontevedra fixo todo o posible para gañar menos sentenciar"

Pontevedra
30 de marzo 2025
Actualizado: 21:31

O técnico granate lamentou que os dous puntos escaparan no minuto 89 e mostrou a súa preocupación pola lesión de Pelayo, que "ten mala pinta"

Yago Iglesias, en el partido entre Pontevedra e Salamanca
Yago Iglesias, en el partido entre Pontevedra e Salamanca / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol regalou este sábado un empate ao Bergantiños no minuto 89 nun partido que, para Yago Iglesias, mereceron gañar os granates, que fixeron todo o posible excepto "sentenciar cando iamos 1-0", a pesar de ter ocasións suficientes para pechalo.

Eles, en cambio, só tiveron dúas accións de claro perigo e as dúas de saque de esquina. Unha na primeira parte que para Edu, e outra na segunda, que é na que fan en gol.

É por iso que o adestrador granate indicou a súa satisfacción porque "a nivel estrutural e defensivamente estivemos ben, fixemos que os seus xogadores non participasen e un partido completo para saír cos tres puntos". Por iso, "o que máis nos debasta é o minuto no que é, pero, aínda así, temos dúas accións ao final".

Iglesias tamén expresou a súa preocupación pola lesión de Pelayo, que sufriu unha aparatosa caída e tivo que abandonar o terreo de xogo. "Ten mala pinta", admitiu o adestrador, quen detallou que foi "unha xogada fea na que gana a disputa, pero se desetabiliza e ao apoiar váiselle o xeonllo".

En canto á formulación táctica do partido, o técnico explicou que buscaban alternar o xogo en curto co xogo en longo para xerar problemas ás costas do Bergantiños e eloxiou o desempeño do seu equipo, cualificándoo de "partido moi serio".

"É unha pena porque se nos escapan dous puntos ao final", insistiu. Tamén recoñeceu a dificultade de puntuar e gañar no campo do Bergantiños, un equipo que está nunha dinámica positiva e que "está no partido até o final se non es capaz de matalo".

Yago Iglesias tamén tamén agradeceu o apoio da afección, cuxa presenza, segundo el, foi clave para o bo xogo do Pontevedra. "Que o equipo competise así é grazas a eles", afirmou.

Con este empate, o Pontevedra mantén unha vantaxe de cinco puntos fronte ao Numancia cando restan 15 por disputarse.