Yago Iglesias: "Levamos un punto dun campo moi complicado"

Pontevedra
29 de outubro 2023

"Sabiamos da dificultade", asegurou o técnico granate na rolda de prensa de despois do encontro. "Evidentemente vendo ao rival e as condicións climatolóxicas, que non nos favoreceron nin a un equipo nin a outro, é un punto para valorar positivamente e dar moito mérito ao meu equipo", recoñeceu  

Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra CF e Oviedo Vetusta en Pasarón
Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra CF e Oviedo Vetusta en Pasarón / Cristina Saiz

"Levámonos un punto dun campo moi complicado". Ese podería ser o resumo de Yago Iglesias en relación ao empate conseguido polo Pontevedra Club de Fútbol no campo do Real Avilés este domingo.

"Sabiamos da dificultade", asegurou o técnico granate na rolda de prensa de despois do encontro. "Evidentemente vendo ao rival e as condicións climatolóxicas, que non nos favoreceron nin a un equipo nin a outro, é un punto para valorar positivamente e dar moito mérito ao meu equipo", recoñeceu.

E é que o conxunto asturiano demostrou ser "un equipo da zona alta" a pesar do moito que lle está custando arrincar esta tempada. "Están a facer as cousas ben, é un proxecto moi sólido dentro da categoría e sabemos que vai estar pelexando por todo, por iso dou máis valor ao momento que conseguimos neste campo tan difícil", admitiu Iglesias.

A tempada 23-24 non fixo máis que empezar e iso é algo que o adestrador do Pontevedra lembra semana a semana. Aínda así, confesou que "estamos en puntuación de equipo que pode proxectarse e pelexar por grandes cousas. Temos aspiracións todo o máis alto nesta categoría".