Yago Iglesias: "Hoxe a xente axudounos a marcar ese primeiro gol"

Pontevedra
06 de abril 2025

O técnico granate recoñeceu que o partido ante o Llanera "transcorreu polos camiños que esperabamos", pero o Pontevedra soubo "ter paciencia" para levar o tres puntos

Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e Llanera en Pasarón
Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e Llanera en Pasarón /

O Pontevedra Club de Fútbol está a un paso do ascenso directo despois de vencer ao Llanera por 2-0 nun partido que, segundo Yago Iglesias, "transcorreu polos camiños que esperabamos".

A pesar de que os asturianos eran o mellor equipo da segunda volta até o momento, os granates souberon impor o seu xogo e "ter paciencia" para levar o tres puntos.

É por iso que insistiu no cambio de sistema na segunda parte coa entrada de Álex, Iago Novo e Rufo, cos que "buscamos pernas frescas que desde fóra acheguen capacidade individual e xeren cambios dentro do partido que sorprendan ao rival".

"Na primeira parte faltounos ritmo, velocidade e un pouquiño de activación a nivel individual para facer circulacións máis rápido", sinalou o técnico, quen destacou a actuación de Edu Sousa baixo paus para manter ao equipo coa portaría a cero con tres paradas, e a de Rufo, quen realizou "o seu partido soñado co que nos dá tres puntos que nos achegan ao obxectivo final".

Neste sentido, Yago Iglesias volveu insistir na importancia de puntuar fose e de gañar en casa, "onde se perderon moi poquitos partidos. Hoxe a xente axudounos a marcar ese primeiro gol e, sobre todo, o segundo, oxalá para o próximo partido que sexa en casa veña todo o mundo porque estamos nun momento no que os necesitamos a todos", engadiu.

Agora, o equipo está coa mirada posta no próximo partido ante o Salamanca, "un rival complexo e de moito nivel" advertiu. "Imos a preparanos ben, descansar e preparar a semana cun pouquiño máis de ganas de que chegue o domingo", recoñeceu.

Por último, Iglesias subliñou a importancia de ter un dianteiro e un porteiro que dean puntos, como foi no partido desta tarde con Edu e Rufo

 "Edu está nun refacho na que está mantiendo ao equipou, chegou a este tramo a un nivel altísimo. Rufo, en cambio, estivo pasándoo mal, pero o seu traballo entre semana é encomiable. Realizou tres bos últimos partidos e hoxe pechou o círculo do bo traballo que leva facendo último mes. Non podo estar máis contento por eles e polo meu mesmo, que podo gozar deste persoal sabendo que do que expós hai unha porcentaxe moi alta de que saia ben", concluíu.