"Vivimos un partido idéntico ao que estamos a ver no último mes de competición", recoñeceu Yago Iglesias despois da derrota do Pontevedra ante o Deportivo Aragón.
Aínda que é consciente de que os seus xogadores fixeron unha primeira parte moi boa e tiveron o partido controlado, perder supuxo un pau moi grande para todos. "Imos doídos e tristes", admitiu. Os goles do rival "son pequenos detalles, tes que manterche vivo os 90 minutos" dunha eliminatoria de 180, por iso "temos que gañar na casa".
Iglesias espera para o encontro de volta "un Pasarón cheo" e "unha boa acollida" por parte da afección porque asegura que o seu equipo "vai saír a por todas e quererá gañar desde o minuto uno. Faremos o que estea nas nosas mans para pasar a eliminatoria", sentenciou.