No Pontevedra Club de Fútbol son conscientes de que un dos problemas que ten o equipo neste inicio de tempada é a falta de gol a pesar da cantidade de ocasións que se están xerando, algo que queren que quede nas pavías no encontro do domingo ante o Langreo (17:00 horas, Estadio Municipal de Pasarón).
"Temos xogadores de moito nivel dentro da categoría, sobre todo no último terzo. Estamos a xerar moito e a sensacións que temos é que o mellor xogador do equipo rival é o porteiro", indicou o adestrador granate, Yago Iglesias, que espera que esta fin de semana os seus xogadores estean "acertados para gol e que a dinámica ascendente do equipo véxase recompensada con tres puntos".
O técnico cre, en base á súa experiencia, que "hai que ter calma. Temos xente de moito nivel, e o equipo adestrando entre semana fai goles" polo que indica que "nese sentido estou tranquilo, non o estaría se non xerásemos".
Ademais, defende que as chegadas a área rival "non son illadas", senón "con moita superioridade" e "continuas". Neste sentido, Yago Iglesias está "convencido de que esta fin de semana imos ver un Pontevedra que vai facer goles e vai conseguir os tres puntos. Vexo ao equipo moi confiado".
Pero para iso, o equipo ten que estar "os 90 minutos ao 100%, non podes deconectar", defende o adestrador. Por iso considera que o Langreo non llo poñerá nada fácil, é un equipo "moi vertical" que "nos vai a esixir moito a nivel de concentración cando teñamos a pelota, temos que estar moi pendentes de non perdela e non asumir riscos en zonas para evitar que corran".
En resumo, a sensación que ten Iglesias é que "xeramos moito, marcamos pouco, xérannos pouco e marcan moito", e cre que todo pasa por axustarse e ser "un pouco máis contundentes en área rival. No cómputo global é que estamos moito tempo con balón en campo contrario, pero é moi complicado manexar a pelota e estar concentrado para cando a perdes. Temos que axustalo canto antes", insiste, "non é preocupante pero aprema porque as xornadas van pasando e queremos ter as porterías a cero e marcar na contraria".
Para o encontro contra o Langreo, Yago Iglesias contará con todos os seus xogadores fóra de Borja, que "está a evolucionar moi ben e esperamos recuperalo pronto", e Chiqui, que é dúbida en función do que ocorra no adestramento do sábado e, segundo a súa evolución e que sensacións ten, decidirán se poderán contar con el ou non.