Yago Iglesias: "Polos dous lados había tensión. Sabiamos o que nos xogabamos"

Pontevedra
20 de marzo 2025
Actualizado: 11:52

O adestrador do Pontevedra asegurou estar orgulloso do seu equipos tras vencer o Numancia nun durísimo partido, e respondeu en rolda de prensa ás acusacións de Aitor Calle

Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra e Numancia en Pasarón
Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra e Numancia en Pasarón / Mónica Patxot

Orgulloso e "moi contento co equipo, porque o deixaron todo no campo e aínda por riba levamos o tres puntos".

Así compareceu Yago Iglesias na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón tras o traballadísimo triunfo do seu equipo fronte ao Numancia, que lle deixa á fronte da táboa con catro puntos de distancia sobre o seu principal rival.

Nun primeiro momento o adestrador do Pontevedra non quixo entrar a valorar as incendiarias declaracións de Aitor Calle tras o choque, acusando os granates de ser un equipo que "só fai trampas", pero despois si que terminou defendendo a actuación dos seus nun duelo no que "nos tocou poñer o mono de traballo".

"A Aitor considéroo un adestrador top, non só nesta categoría. Considero que o seu Numancia é súper competitivo, que é un equipazo e non vou entrar a valorar se o árbitro axudounos, prexudicounos ou se o resultado é xusto", empezou dicindo para recoñecer despois que "ao final é o que se di nunha liga regular, que hai veces que te axudan ou pintan ao teu favor e outras veces non. Si esta tocounos ao Pontevedra pois me alegro porque me tocou a min", sinalou.

"Si me poño a falar do árbitro, é que na segunda parte todas as faltas eran no campo do Pontevedra, no campo de Numancia non houbo ningunha. Engade seis minutos, hai unha situación de lea que vén do seu banco e engade tres ou catro máis", analizou Iglesias antes de explicar a rifa que se viviu no desconto na zona de bancos.

"Hai unha situación de transición, unha falta que non nós pitan, o xogador pasa cerca do banco e os xogadores do banco dan un paso adiante e tentan que ese xogador perda a concentración. O árbitro pita falta, creo que lle saca cartón a Yelko por tentar meterse diante do balón e pita a falta, sácalle cartón e adiante. Dicían que era antideportivo... Antideportivo non é levar por diante o porteiro, saltar en todas as situacións co cóbado por diante, antideportivo non é igualar o xogo en patadas... Iso non é antideportivo", queixouse finalmente o técnico local.

"Eu creo que polos dous lados había tensión, polos dous lados sabiamos o que nos xogabamos todos e podo entender, son empático e sei o que poden sentir no banco contrario porque a min tamén me fode perder, e sobre todo cando nos xogamos moito", afirmou.

En canto á análise máis concreta do encontro, Yago asegurou que "creo que se viu un partido doutra categoría" e que "todos estiveron de dez", aínda que destacou  tres dos seus homes porque "o Ponteveda estivo moi ben defensivamente e creo que hoxe Edu, Pelayo e Igor déronnos os tres puntos".

"Tiveron ocasións, hai que ser claro, co 1-0 sobre todo hai unha que quita Héctor baixo paus. Pero creo que, na primeira parte, xerámoslles problemas e fixémoslles correr", mentres que "na segunda parte xa se xogou a outra cousa totalmente diferente".

Yago Iglesias mira agora con optimismo ao futuro, pero non perde a prudencia, xa que "aínda quedan 21 puntos por diante", e ademais "temos que ir a Bergantiños, que está a pelexar por un play-off, temos que ir a Salamanca... E é que cada punto dos 56 que temos costa moito, hai que darlle valor", finalizou o técnico.