O Centro Histórico de Pontevedra acolleu durante a tarde deste sábado as xornadas de orientación urbana.
Nela, os participantes recibiron unha primeira clase teórica sobre coñecementos básicos de material e seguridade para logo saír á rúa e poñer en práctica o aprendido.
Ao longo de catro horas, os participantes, comprendidos en idades desde os 5 anos en diante, percorreron a Boa Vila e gozaron dunha xornada lúdica e de aprendizaxe.
As xornadas de orientación estiveron organizadas polo Club Aromon e o Concello de Pontevedra.