Unha xornada do Nadal para gozar do rugby en familia

Pontevedra
23 de decembro 2024
Actualizado: 11:56

O Mareantes Rugby Club de Pontevedra organizou o domingo en Xeve o seu primeiro Torneo de Rugby de Nadal

Torneo de Nadal do Mareantes Rugby Club
Torneo de Nadal do Mareantes Rugby Club / Mareantes Rugby Club

Gozar dun deporte como o rugby e fomentar a súa práctica.

Era o obxectivo da xornada convocada este domingo en Xeve polo Mareantes Rugby Club.

No antigo campo de fútbol de San Andrés de Xeve, rehabilitado para acoller adestramentos do club pontevedrés, nenos e maiores pasárono en grande co primeiro Torneo de Rugby de Nadal.

Tratábase dun evento aberto alpúblico no que participaron case un cento de persoas, con xogadores desde os 4 aos 60 anos.

Formáronse catro equipos para disputar partidos de rugby 'touch', unha modalidade con contacto limitado para facelo apto a calquera idade.

Torneo de Nadal do Mareantes Rugby Club
Torneo de Nadal do Mareantes Rugby Club Mareantes Rugby Club

Entre os participantes había mozos xogadores do Mareantes, pais e nais e tamén veteranos do rugby pontevedrés.

O importante non era o resultado, senón gozar do deporte do balón oval.

A xornada terminou ademais co tradicional terceiro tempo no local social do Mareantes, no centro histórico da cidade.