Xornada lúdica e deportiva entre as bases de Arxil e Rosalía co torneo Cidade de Pontevedra

Pontevedra
24 de decembro 2022

Os partidos disputáronos no Pavillón Universitario as categorías Junior, Cadete, Infantil e Mini, conseguindo máis vitorias o cadro santiagués e facéndose co torneo  

Torneo Cidade de Pontevedra de baloncesto
Torneo Cidade de Pontevedra de baloncesto / Club Baloncesto Arxil

O Club Baloncesto Arxil organizou na tarde do venres o seu habitual torneo Cidade de Pontevedra, onde a base do conxunto verde enfrontouse ao Rosalia Institutos Xunta de Santiago, equipo invitado para esta ocasión.

Os partidos disputáronos no Pavillón Universitario as categorías Junior, Cadete, Infantil e Mini, conseguindo máis vitorias o cadro santiagués e facéndose co torneo.

Desde o club pontevedrés recoñeceron que foi unha "xornada bonita" onde Mayte Méndez, adestradora do primeiro equipo, entregou os trofeos acreditativos aos dous conxuntos.