O CEIP Vilaverde de Mourente cumpriu este sábado co que xa é unha tradición, o seu cros escolar, que cumpriu 22 anos en plena forma.
Máis de 400 deportistas participaron nas 11 categorías, desde nenos e nenas en educación infantil, con tres anos de idade, pasando por ex-alumnos do centro xa en educación secundaria e ata pais e nais de alumnos.
Ademais do Vilaverde, tomaron parte na xornada deportiva o CEIP de Marcón, CEIP Vidal Portela, CEIP Xunqueira 2, CEP Marcos da Portela e o IES Frei Martín Sarmiento.
A pesar da ameaza de choiva, o clima respectou a todos os deportistas ofrecendo unha auténtica xornada deportiva na que o máis importante era participar.
Consulta aquí os resultados das diferentes carreiras e categoría.