Xornada atlética no CGTD co XLII Trofeo Boa Vila

Pontevedra
25 de xuño 2015

O trofeo organizado pola Sociedad Gimnástica serviu de preparación para as grandes competicións estivais

Segunda xornada do XLII Trofeo Boa Vila de Atletismo
Segunda xornada do XLII Trofeo Boa Vila de Atletismo / Daniel Santomé

As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva foron escenario este mércores dunha animada sesión de atletismo coa disputa da segunda xornada do XLII Trofeo Boa Vila.

A cita, organizada pola Sociedad Gimnástica, congregou preto de 200 atletas inmersos na preparación das grandes citas estivais.

Era ademais unha boa oportunidade para que os deportistas conseguisen as marcas mínimas esixidas para o Campionato de España.

Destacada foi a actuación de Iria Forján (Atlética Barbanza) quedándose, cunha marca de 5.98 metros, a un só centímetro do record galego de lonxitude.

Por parte do club anfitrión, a Gimnástica, lograron triunfos nas súas respectivas probas Darío Costas (200 metros), Alfonos Pérez (400 metros), Xavier Rodríguez (2.000 obstáculos), Marco Martínez (100 valos), Álex Solla (110 valos), Santi Ferrer (pértega), Víctor Gallego (disco 2 quilos), Lucía Cardesín (600 metros) e Lucía Ferrer (100 valos).

Consulta aquí os resultados completos da xornada.