O Waterpolo Pontevedra regresa por unha xornada á Escola Naval

Pontevedra
27 de marzo 2025
Actualizado: 17:54

A celebración do Campionato de España Infantil de Natación Artística fará que o encontro de Primeira Nacional Feminina teña que disputarse na instalación militar

Partido do Waterpolo Pontevedra contra Ciudad Lineal na Escola Naval
Partido do Waterpolo Pontevedra contra Ciudad Lineal na Escola Naval / Concello de Pontevedra

Regreso ao pasado, por unha xornada, para o Club Waterpolo Pontevedra.

O equipo sénior feminino pontevedrés deberá xogar o seu próximo partido de Primeira Nacional na Escola Naval Militar de Marín.

Faino pola celebración en Rías do Sur, desde este venres 28 e até o domingo 30 de marzo do Campionato de España Alevín e Infantil de Natación Artística.

Será ademais cun duelo importante na segunda fase do campionato, na que o Waterpolo Pontevedra acariña xa a permanencia en categoría nacional, xa que enfrontará ao segundo clasificado (o equipo pontevedrés), co líder provisional, o AE Santa Eulalia.

O encontro se disputarña este sábado 29 a partir das 16.00 horas.

Ao tratarse dunha instalación militar, para asistir como público será necesario rexistrarse previamente.

Iso en canto ao primeiro equipo feminino, mentres que o masculino afrontará en Valencia o seu terceiro encontro da fase de ascenso a Segunda División Nacional.

Enfrontaranse no seu caso ao UPV Levante o domingo día 30 ás 12.00 horas.