Revés para o Club Waterpolo Pontevedra na segunda xornada de liga.
O equipo pontevedrés caeu derrotado no Complexo Deportivo Rías do Sur ante o CN Molins de Rei despois de aguantar durante practicamente todo o encontro e desinflarse no último cuarto.
De feito, o duelo estivo marcado pola completa igualdade entre os dous conxuntos e o dominio das defensas, que provocaban que o marcador se movese nun escaso 1-2 ao descanso.
Tras o intermedio, o Waterpolo Pontevedra saíu coa intención de darlle a volta ao partido. Valentina Restrepo volveu anotar para igualar a contenda, e posteriormente, Akira aproveitou unha superioridade numérica para adiantar as locais.
Con todo, o cadro catalán respondeu con rapidez e Nerea Morales estableceu o empate. Valentina Restrepo puxo de novo por diante o seu equipo, pero un dobrete de Anna Finestra permitiu ao seu equipo marchar ao último e definitivo cuarto cun gol de vantaxe.
E foi precisamente durante o oito minutos restantes cando o Molins de Rei mostrouse máis efectivo tanto en defensa como en ataque e sentenciou grazas aos tantos de Julia Torras, Marta Pescozo e Laura Ferrer, que deixaron o Waterpolo Pontevedra sen opcións.
A próxima cita do conxunto pontevedrés será o vindeiro sábado 26 de outubro ante o CD Waterpolo Turia.