Volve a emoción do fútbol co espectacular torneo de FIFA 20 organizado por Ibai Llanos

Pontevedra
20 de marzo 2020

O popular comentarista narrará xunto a DJ Mario, Manolo Lama, Rubén Martín, M. Ángel Román, José Sanchís, Ander Cortés e Danae Boronat, un torneo de FIFA 2020 no que 19 xogadores de primeira división representarán aos seus respectivos equipos. O sorteo realizouse o xoves e os partidos comezará este venres, día 20, ás 19:00 horas. Os partidos poderanse seguir de forma gratuíta a través da súa canle de Twitch, en Movistar Deportes 1 e en Vamos

Ibai Llanos e DJMario, principais comentaristas do #laligasantanderchallenge
Ibai Llanos e DJMario, principais comentaristas do #laligasantanderchallenge

Cando o día 12 de marzo, LaLiga decidía informar sobre a suspensión da competición, millóns de afeccionados ao fútbol botábanse as mans á cabeza. Para moitas persoas, ver o fútbol durante a fin de semana é o seu momento de desconexión tras unha longa xornada de traballo. Por iso, moitos pontevedreses lamentábanse de que tras suspender a Segunda B, onde milita actualmente o Pontevedra CF, tamén se fixese o mesmo coas principais ligas.

Con todo, grazas á idea de Ibai Llanos, a espera será un pouco máis amena para os amantes do fútbol. O comentarista narrará xunto a DJ Mario, Manolo Lama, Rubén Martín, M. Ángel Román, José Sanchís, Ander Cortés e Danae Boronat, un torneo de FIFA 20, o xogo de fútbol máis popular na actualidade. Os equipos estarán representados por un dos seus actuais xogadores, que loitarán por levar ao seu equipo todo o máis alto.

Todo xurdiu dunha mensaxe lanzada polo propio Ibai en Twitter no que propoñía a idea. Ás poucas horas xa se contaba con representación para todos os equipos, cos comentaristas e o patrocinio do Banco Santander, actual patrocinador de LaLiga, co hastag #laligasantanderchallenge.

O sorteo do torneo tivo lugar o xoves día 19, e os partidos comezará o venres, día 20, ás 19:00 horas. A competición poderase ver gratuitamente na canle de Twitch de Ibai ou en Movistar, a través de Movistar Deportes 1 e Vamos.

A primeira e segunda fase do torneo queda, tras o sorteo do xoves, da seguinte forma:

Fase previa
Leganés (Aitor Ruibal) Vs Valladolid (Pedro Porro)
Alavés (Lucas Pérez) Vs Celta (Kevin Vázquez)
Espanyol (Embarba) Vs Eibar (Edu Expósito)

Octavos De Final
Osasuna (Rubén García) Vs Gañador do Leganés (Aitor Ruibal) Vs Valladolid (Pedro Porro)
Sevilla (Reguilón) Vs Athletic (Guruzeta)
Levante (Clerc) Vs Gañador do Alavés (Lucas Pérez) Vs Celta (Kevin Vázquez)
Real Sociedad (Januzaj) Vs Atlético de Madrid (Llorente)
Barcelona (Sergi Roberto) Vs Gañador do Espanyol (Embarba) Vs Eibar (Edu Expósito)
Getafe (Jason) Vs Betis (Borja Iglesias)
Villarreal (Morlanes) Vs Valencia (Carlos Soler)
Granada (Antonio Martínez) Vs Real Madrid (Asensio)