O Grupo Deportivo Supermercados Froiz embárcase nun novo proxecto deportivo co que volve ás súas orixes no ciclocrós.
O equipo alimenticio conformou unha nova estrutura para competir nesta modalidade deportiva, baixo a dirección de Ana Portela.
Seis ciclistas, tres en categoría feminina e tres na masculina, conformarán o novo equipo do Froiz, ao que representarán no calendario autonómico de ciclocrós e tamén en carreiras da Copa de España.
Os seus integrantes serán Laura Mira, campioa galega e de España e segunda do ranking nacional; Uxía Soto, tamén medallista autonómica e nacional; e Rosalía Ortiz no conxunto feminino e Fabián Rodríguez, Miguel Rodríguez (campión nacional e da Copa de España 19-20) e Gonzalo Inguanzo (campión da Copa de España) no masculino.
O debut do equipo producirase leste mesma fin de semana co inicio da Copa Galicia de Ciclocrós en Pontevedra e Poio.