Despois do parón polas vacacións de Nadal, o Club Waterpolo Pontevedra regresou á competición cunha importante vitoria en terras madrileñas sobre o CNC de Alcorcón.
O conxunto pontevedrés impuxo o seu xogo desde o inicio do encontro onde primou a confianza e seguridade para enchufar un primeiro parcial de 1-4.
Con todo, o Alcorcón apertou os dentes e ordenouse para igualar o encontro a falta dun cuarto para a conclusión (5-5).
Podía pasar calquera cousa e pasou. De feito, as locais deron a volta ao luminoso e puxéronse por diante por primeira vez no encontro (6-5) cun gol de penalti de Patricia Fernández, pero un dobrete de Karla Hernández a favor das de Pontevedra supuxo outro punto de inflexión.
E foi nese momento cando o cadro madrileño apagouse e viuse excedido polo xogo do Waterpolo Pontevedra, intratable nos seus tiros a portería que lle valeron para vencer por 7-10 e iniciar o ano da mellor maneira.
Consulta as estatísticas nesta ligazón