Penúltima proba de pretemporada para o Pontevedra Club de Fútbol, que venceu o Juventud Cambados (1-3) no campo de Burgáns.
Foi un partido no que os granates empezaron perdendo, pero no que terminaron remontando e acumulando ocasións para mesmo aumentar o resultado.
Yago Iglesias puxo en xogo en Burgáns un once inicial con presenza de varios canteiráns: Manu Vizoso estaba en portería acompañado por Javi Fontán, Diego González, Igor, Marqués, Cambil, Iago Novo, Román, Rares, Xabi Domínguez e Charly.
O primeiro en golpear foi Manu Cabrera para o Juven, aos 11 minutos, apertando desde ese momento o Pontevedra para reverter a situación.
Estivo preto de marcar Charly, e tamén Iago Novo topando coa madeira, pero non foi ata o minuto 37 cuendo de novo Charly lograba, esta vez si, o tanto, tras unha boa manobra dentro da área e un disparo seco á base do poste.
https://t.co/e2BgBgYGxapic.twitter.com/hW1wZiOkIJ
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 21, 2024
Cinco minutos despois o ariete granate forzaba un penalti que el mesmo transformaba no 1-2 para chegar con vantaxe ao descanso.
https://t.co/WHKWe1uLLSpic.twitter.com/or9vwQSYrX
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 21, 2024
Ao contrario que noutros encontros, Yago só introduciu dous cambios no intermedio, buscando xa máis continuidade no esforzo dos seus. Entraron Álex González e Garay en lugar dos canteiráns Diego e Román Moldes. Non foi ata o minuto 63 cando se produciu o carrusel importante de cambios, co ingreso no terreo de xogo de Mario Gómez, Héctor Hernández, Dalisson, Samu Mayo, Chiqui, Churre e Yelko Pino.
Foron pasando os minutos sen que se movese o marcador. Dalisson puido logralo nunha boa acción que terminou cun disparo demasiado cruzado, pero tomouse o desquite no minuto 89 cun gran disparo directo de falta que supoñía o definitivo 1-3.
https://t.co/OHuinceuYopic.twitter.com/Vj60rAUNBL
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 21, 2024
Tras esta cita, o Pontevedra pechará a súa pretemporada o vindeiro sábado 24 de agosto contra o Céltiga no estadio Salvador Otero da Illa.