O Grupo Deportivo Supermercados Froiz parte como un dos grandes favoritos á vitoria final no Gran Premio Cidade de Vigo que organiza esta fin de semana o Club Ciclista Vigués.
Será unha carreira de dous días pero con tres sectores, mantendo o seu formato habitual.
Para comezar, o sábado 26 desde as 16:30 horas terá lugar unha circuitada urbana pola Rúa Areal para as escolas, os ciclistas cadetes e tamén para os elite e sub-23.
O domingo pola súa banda ás 9:30 horas dará comezo unha cronoescalada de 3,5 quilómetros entre a Porta do Sol e o Castro, disputándose á súa conclusión o Circuíto Grande do Castro. Todo para as categoría elite, sub-23 junior e féminas.
O Froiz presentará en Vigo un equipo composto por: Martín Bouzas, Alejandro Regueiro, Aaron Mariño, Aitor Bugarín, Antonio Portela e Leonel Coutinho.