VÍDEO.- O Club Voleibol Pontevedra tamén anima a quedar na casa

Pontevedra
05 de abril 2020

Ante a imposibilidade de facer deporte en pavillóns e fóra dos fogares debido ao confinamento polo coronavirus, os xogadores e xogadoras do club graváronse realizando diferentes partes do xogo desde as súas casas, terrazas e xardíns coa finalidade de animar á xente a que quede nas súas casas

O Club Voleibol Pontevedra anima a quedarse na casa / Alex Leone

O Club Voleibol Pontevedra quixo sumarse aos equipos da cidade e enviar a súa mensaxe de ánimo a través dun vídeo.

Ante a imposibilidade de facer deporte en pavillóns e fóra dos fogares debido ao confinamento polo coronavirus, os xogadores e xogadoras do club graváronse realizando diferentes partes do xogo desde as súas casas, terrazas e xardíns coa finalidade de animar á xente a que quede nas súas casas porque "xa queda menos".

"No falta nada para volver a vernos en la pista... Pero mientras, nos toca ayudar quedándonos en casa", é a mensaxe final do club de voleibol que, aínda que non pode exercitarse con normalidade, seguen realizando unha rutina nas súas casas baixo as directrices dos seus adestradores que cada semana envíanlles unha serie de actividades para manterse na mellor forma posible.