VÍDEO.- O boxeador Aarón González adestra na casa 'a zapatillazos'

Marín
30 de marzo 2020

O púxil marinense, do mesmo xeito que moitos deportistas, tira de enxeño e bo humor para exercitarse durante a corentena, e é que tal e como sinalan os responsables do documental sobre a súa vida, Devolvendo o golpe, "non hai nada como a zapatilla dunha nai para practicar a velocidade e os reflexos"

Vídeo de Aarón González adestrando na casa
Vídeo de Aarón González adestrando na casa

Como pode adestrar un boxeador sen saír da casa debido ao confinamento? Aarón González móstrao nun divertido vídeo compartido polos creadores do documental sobre a súa vida, titulado 'Devolviendo el golpe'.

"Non hai nada como a zapatilla dunha nai para practicar a velocidade e os reflexos!", sinalan sobre o exercicio no que o púxil marinense, todo un campión de España de boxeo, trata de esquivar os golpes da súa nai, Rosa, 'armada' cunha escoba e unha zapatilla de andar por casa.

O de Aarón é só outro exemplo máis de como as restricións impostas polo coronavirus obrigaron a tirar de imaxinación aos deportistas para seguir  exercitándose.

O xornalista marinense Carlos Prado Pampín é o autor do documental Devolviendo el golpe, un traballo audiovisual que conta a historia de superación de Aarón González, a quen un atropelo cando tiña 10 anos estivo a piques de deixarlle nunha cadeira de rodas.