A final polo ascenso a Primeira RFEF non estivo exenta de polémica, con dúas accións que foron especialmente protestadas desde a bancada do Estadio Municipal de Pasarón e que puideron resultar decisivas para que o Pontevedra Club de Fútbol non lograse o ascenso.
En ambas as dúas xogadas a decisión do colexiado do encontro, o madrileño Jerónimo Montes García-Navas, prexudicou os intereses granates.
A primeira acción sucedeu moi pronto, no minuto 26 de partido con 0-0 no marcador e todo por decidir, cando o bético Souleymane agrediu a Edu Sousa tras un balón que se escapou por liña de fondo. Unha acción que ben puido custarlle a tarxeta vermella directa de ser considerada como conduta violenta, pero que quedou en amarela xustificando o colexiado na acta que lla mostrou "por dar un lapote de forma temeraria contra un adversario".
Saltan faíscas con Souleymane@PontevedraCFSAD 0-0 @RBetisCantera
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 2, 2024
30' Non se move o marcador en Pasarón
G2 https://t.co/LIIjoUaoBipic.twitter.com/YiXJ9ocNmD
Tamén na primeira metade, a eliminatoria puido cambiar de cor de sinalar o árbitro un claro penalti por agarrón sobre Chiqui dentro da área. O 11 granate tirou unha parede con Yelko e na continuación sufriu un agarrón de Ángel Ortiz que lle impidó chegar ao balón.
Lecer en Pasarón@PontevedraCFSAD 0-0 @RBetisCantera
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 2, 2024
Pediu penalti Chiqui logo desta caída na área bética
G2 https://t.co/LIIjoUaoBipic.twitter.com/Ahed2uSURq
Dúas accións moi protestadas que deixan se cabe un sabor aínda máis amargo tras a eliminación do Pontevedra, xa que un só gol bastoulle para remontar e conseguir o ascenso de categoría.