Parte da culpa de que Pontevedra foi escenario da Gran Final das Series Mundiais tena Javier Gómez Noya, coa súa longa e exitosa traxectoria na que conseguiu cinco títulos mundiais en distancia olímpica preparándose desde a Boa Vila.
Por ese motivo, xa retirado da modalidade olímpica, era obrigado unha homenaxe ao que é o mellor triatleta da historia por palmarés.
Gómez Noya, tras a espectacular carreira masculina da Gran Final, recibiu un obsequio conmemorativo, un cadro cos seus seis tritraxes máis especiais, o da medalla de Prata nos Xogos Olimpicos de Londres e os dos cinco mundiais que ostenta no seu palmarés.
Todo iso rodeado da súa familia, amigos, representantes de Federación Española e World Triathlon e institucións. Tamén coa súa filla de menos dun ano de idade en brazos, e que recibiu un traxe de tríatlon da Selección Española.
No acto proxectouse ademais un vídeo con palabras de grandes mitos do deporte galego, nacional e internacional. Rivais e amigos do tríatlon como Iván Raña, Mario Mola, Alistair Brownlee, Gwen Jorgensen ou Ryan Sissons, pero tamén doutras disciplinas como Pau Gasol, Carolina Marín ou Teresa Portela.