Dar ánimo a través de vídeos para soportar estas xornadas de confinamento, converteuse en algo recorrente para os equipos deportivos.
As últimas en sumarse a esta iniciativa foron as xogadoras do Umia que, xunto a membros do corpo técnico, quixeron enviar unha mensaxe de "apoio, ánimo e ilusión" para que todas as persoas continúen quedándose nas súas casas cumprindo o confinamento porque "todo isto acabará tarde ou cedo e pronto volveremos reencontrarnos".
Baixo o ritmo da canción 'Resistiré', as integrantes do primeiro equipo aceptan o reto de Moisés Campos e anímanse a ensinar as súas habilidades co papel hixiénico desde as súas casas, terrazas e xardíns e demostrar que " xuntas podemos" e "todo irá ben".
Pola súa banda, non quixeron ser menos as xogadoras dos equipos da base e, seguindo os pasos das Vikingas máis veteranas, súmanse a dar toques desde as súas casas e lembran a importancia de cumprir coas indicacións sanitarias para regresar canto antes á normalidade e volver gozar do fútbol todas xuntas.
Vídeo do Sénior B coa canción 'Erosión' de Club del Río
Vídeo do Infantil co Himno do Umia CF
E por último, as "vikinguiñas" do equipo das Promesas co tema colaborativo "Quédate en tu casa"