Numerosos afeccionados achegáronse para ver o partido de ida da eliminatoria na que o club pontevedrés está a xogarse o ascenso de categoría.
A Deputación de Pontevedra instalou a pantalla diante do Pazo Provincial.
O Pontevedra Club de Fútbol comezou perdendo contra o Betis Deportivo nun encontro marcado polas altas temperaturas que se rexistran en Sevilla.
Jesús Rodríguez anotaba para os locais aos 20 minutos un gol que obriga o conxunto granate a unha remontada no estadio municipal de Pasarón no encontro de volta.