A Selección Española Feminina Absoluta estará na próxima Eurocopa do ano 2025, e en gran parte polo rendemento de futbolistas como a pontevedresa Teresa Abelleira.
A centrocampista do Real Madrid, á espera de confirmar o seu futuro apuntando a unha renovación co conxunto branco, foi protagonista da remontada de España este mércores no Estadio Heliodoro Rodríguez López de Tenerife de Dinamarca, cun 3-2 final que outorga matematicamente o billete á gran competición continental.
O combinado nacional non xogou en Canarias o seu mellor encontro, e de feito Dinamarca adiantouse por 0-2 con goles de Thomsen nos minutos 4 e 72. Todo parecía perdido pero a Selección reaccionou en tres minutos (entre o 74 e 77) con goles de Bruna Vilamala e Irene Paredes para igualar o choque.
Foi así ata que no tempo de desconto, no minuto 91 de xogo, apareceu a maxia de Tere Abelleira para decidir o partido e certificar a clasificación de España. A pontevedresa meteu un pase filtrado ao corazón da área que superou dúas liñas defensivas danesas e que propiciou o 3-2 definitivo de Lucía García. Unha asistencia sinxelamente espectacular.
-Y tú, ¿eres más de los pases de Valerón o de los de Silva?
— Teledeporte (@teledeporte) June 4, 2024
-¿Yo? Del de Tere Abelleira contra Dinamarca.
Una de asistencia que solo vio una persona en todo el Heliodoro Rodríguez López: @teresabelleira pic.twitter.com/YyVfx0WwCo
Certificada a clasificación para a Eurocopa, o próximo reto que aparece no horizonte de Tere Abelleira e da Selección son os Xogos Olímpicos, nos que todo apunta estará Tere como peza indispensable do equipo nacional.